"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou nas igrexas de Santa María de Dozón e San Xoán do Sisto, así como en Santa María de Augas Santas e Santa María de Cobelas. Destaca a representación do Lavatorio en San Xoán do Sisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor chileno. Preocupouse pola renovación da linguaxe e incorporou experiencias persoais. Dos seus libros cómpre destacar El entusiasmo (1967), Tiro libre (1973), La insurrección (1981), en que trata a loita política en Nicaragua; El cartero de Neruda (1985), levada ao cine en 1995; Ardiente paciencia (1986) e El baile de la vitoria (Premio Planeta 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Estudou a natureza dos planetas e das nebulosas, por medio de métodos espectroscópicos, e descubriu en 1914, independentemente de Max Wolf, a rotación das nebulosas. As súas investigacións deron lugar á teoría da expansión do Universo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Juan de Juni, traballou co obradoiro deste no coro de San Marcos de León. Cara á década de 1540 foi reclamado polos monxes de Santa María de Sobrado dos Monxes para facer (1545-1550) o retablo maior da igrexa do mosteiro, do que destacan os altorrelevos do Nacemento da Virxe, a Adoración dos Pastores e a Lamentación sobre Cristo morto, aos que dotou dunha gran naturalidade, conseguida a través dunha rica policromía e de varios planos de profundidade. Posteriormente instalouse en Ourense, co seu propio obradoiro. Para a catedral e por encargo do arcediago Alonso González de la Morera, realizou o retablo da Quinta Angustia, -tamén coñecido como o altar da misa de alba-, en que representou novamente a Lamentación sobre Cristo morto, esta vez formulado cun maior grao de dramatismo e que rematou coa imaxe dun san Bieito no corpo superior. O retablo culminouse en 1565, sendo dourado e policromado por Juan Tomás Celma. Tamén na diocese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sobreestimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimar(se) ou avaliar(se) algo ou alguén máis alá do seu valor real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laxe baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Soesto (Laxe). Ten planta en forma de U cun patio interior. No patio destaca o soportal sobre o que se sitúa unha solaina. Conserva unha torre de tres pisos na á máis longa. O resto do edificio ten dúas alturas. Na fachada conserva un brasón que alude aos Leis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Laxe. De orixe románica, remodelouse no s XVIII. Ten unha soa nave de planta rectangular, cunha capela lateral moi estreita. Cóbrese con bóveda de canón, reforzada con arcos faixóns no presbiterio, a nave susténtanse con arcos de medio punto rebaixados. No muro sur destaca a espadana de dous vans rematada nun frontón triangular con pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, editor e escritor. Estudou dereito en Santiago de Compostela e Valladolid pero desde moi novo dedicouse ao xornalismo. En Vigo fundou e dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil (1892) e colaborou en numerosas revistas e xornais en Madrid. Dirixiu El Noticiero (1903) e a revista ilustrada Vida Gallega (1909-1938), da que foi fundador e propietario. Publicou contos como Cuentecillos (1894) e Todo Malo (1895), e novelas como La mala sombra (1895), Anduriña (1917) e El otro mundo (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e industrial belga. En 1861 ideou o proceso que leva o seu nome para a obtención de sosa, que substituíu ao método Leblanc, e en 1863 fundou, xunto co seu irmá, a Solvay et Compaigne. Coa fortuna que obtivo fomentou a investigación científica e a creación de diversos institutos na Universidade de Bruselas, e tamén organizou conferencias internacionais de científicos que axudaron a avanzar a mecánica cuántica e a física atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de Indonesia situado entre as illas de Sumatra e Xava. Está dominado no sector oriental polo cabo Pudjut, en Xava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (497 km2; 245.641 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política e guerrilleira namibia de liberación, fundada en 1959 por Herman Toivo ja Toivo. Xurdida dun grupo político ovambo, chegou a ser multirracial e de ideoloxía marxista. Desde 1966 atentou contra obxectivos sudafricanos en Namibia. A partir de 1990, coa independencia de Namibia, participou nas eleccións lexislativas e resultou o grupo maioritario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xaponés do estreito de La Pérouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Destacan as novelas Tortilla Flat (1935), In Dubius Battle (1936), The Grapes of Wrath (1939, Premio Pulitzer), The Pearl (1947) e East of Eden (1952). En 1962 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación transformadora secundaria que está destinada á transformación e distribución da enerxía eléctrica e á conexión entre dous circuítos ou máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estimar ou avaliar algo ou a alguén en menos do que vale.

    2. Terse por menos do que se vale.

    VER O DETALLE DO TERMO