Soesto, Santo Estevo de

Soesto, Santo Estevo de

Igrexa parroquial situada en Laxe. De orixe románica, remodelouse no s XVIII. Ten unha soa nave de planta rectangular, cunha capela lateral moi estreita. Cóbrese con bóveda de canón, reforzada con arcos faixóns no presbiterio, a nave susténtanse con arcos de medio punto rebaixados. No muro sur destaca a espadana de dous vans rematada nun frontón triangular con pináculos.