"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Décimo cuarto rei de Granada (1417-1427, 1429-1431 e 1432-1445), fillo e sucesor de Yūsuf II. Foi derrocado por Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad IX (1427-1429), por Yūsuf IV (1432), á morte de quen recuperou o poder, e por Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad X (1445-1453).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Granada (1482-1492), fillo de Muley-Hacén e de ‘Āiša. De nome Mu Palatino; ḥ ammad Abū ‘Abd Allāh, foi coñecido como Boabdil nas crónicas castelás. Foi vítima das intrigas que provocaron o derrubamento da dinastía nasarita. Rebelouse en Guadix, pero a alianza que o seu pai fixo co seu tío, coñecido como El Zagal, e o feito de caer prisioneiro dos Reis Católicos obrigárono a asinar o Pacto de Córdoba (1483) con tal de obter a axuda cristiá. Perdida Granada, seguiu vivindo alí ata que foi desterrado a Andarax polos Reis Católicos en 1493, e de alí pasou á corte benimerina de Fez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1485-1486). De nome Mu Palatino; ḥ ammad Abū ‘Abd Allāh, era coñecido como El Zagal nas crónicas castelás. Acordou co seu sobriño Boabdil (Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad XI de Granada) a partición do reino, pero, enfrontado con el, colaborou cos Reis Católicos na conquista da capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1231-1272). De nome Muḥammad ibn Yūsuf ibn Na ṣ r, foi o primeiro monarca da dinastía nasarita. Declarouse independente dos almohades, e despois de conquistar Guadix, Jaén e Baza, proclamouse emir de Al-Andalus. Iniciou a construción da Alhambra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental, de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que se constituíu en 1987 para a defensa da igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres. Ten unha forte implantación en todas as comunidades autónomas e polo seu número de socias considérase unha das asociacións máis importantes no seu campo de acción. A súas actividades baséanse na loita contra a violencia de xénero, contra a linguaxe sexista e a súa integración no mundo laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aceite lubricante dos motores que mantén as súas características aínda que se produza unha alteración na temperatura, polo que pode ser empregado en calquera época do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría, da física dos reactores nucleares, que afirma que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que permite executar simultaneamente dous ou máis programas grazas á acción do sistema operativo, que intercala a execución dos programas, por medio das técnicas do proceso de prioridade, co obxectivo de maximizar o volume de traballo realizado por intervalo de tempo e, en xeral, de facer un uso óptimo do sistema. A multiprogramación fai posible a concorrencia de programas que funcionan en tempo real e outros que funcionan en tempo diferido; os primeiros forman o primeiro plano en relación cos segundos, que constitúen o fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Batalla de Alhucemas (1925) onde resultou ferido. Foi recruta polo bando franquista durante a Guerra Civil Española, dirixiu a IV Brigada Navarra e foi nomeado xeneral. Ao remate do conflito foi nomeado ministro Secretario Xeral de FET e das JONS (1939-1940), xeneral en xefe da División Azul (1941-1942) e ministro do Exército (1951-1957). En 1957 ascendeu a capitán xeneral e ocupou a vicepresidencia do goberno desde 1962 ata 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, residiu en Málaga, onde colaborou na decoración do Teatro Cervantes (1870) e onde realizou unha doazón (1916) considerada como xermolo do museo provincial da cidade. A súa obra, discutida e persoal, foi dunha considerable inquietude. Das pequenas táboas pasou ás tópicas composicións de historia e anécdota e ás paisaxes, fundamentalmente fantasiosas ou exóticas, influídas pola cultura musulmá. Destacan Otello i Desdèmona, Els amants de Terol e Cabo Naval, primeiras medallas na Exposición Nacional de Madrid de 1881, 1884 e 1910, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación situada en China, considerada como unha das máis antigas e monumentais de Asia. Destinada a protexer o territorio chinés das invasións dos pobos nómades do N, especialmente dos hunos, iniciouse baixo o goberno do Emperador Qin Shi Huangdi (s III a C), partindo da unificación de moitas das murallas xa existentes. Baixo a dinastía Ming (ss XIV-XVII) restaurouse e ampliouse ata acadar as definitivas dimensións, 6.000 km. A muralla comezaba preto do mar Bo Hai e continuaba ata o deserto de Gobi, seguindo o curso dos ríos e adaptándose aos contornos dos vales e montañas. Construíuse con terra, madeira e pedra e está formada por dous muros paralelos, interrompidos por torres, pasos e postos militares, que se uniron por medio dun camiño de considerable anchura de xeito que, ademais do seu valor defensivo, tivo un importante uso como vía de comunicación. Foi declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta escocés. Coñecido como Hugh Mac Diarmid, foi un dos líderes do renacemento da lírica escocesa moderna e a súa poesía, de estilo vangardista, asociou o nacionalismo escocés e o internacionalismo. A Drunk Man Looks at the Thistle (1926) está considerado como o seu poema máis importante. É tamén autor de Annals of the Five Senses (1923), Sangschaw (1925), First Hymn to Lenin (1931), The Islands of Scotland (1939), In memoriam James Joyce (1955) e The Kind of Poetry I Want (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico fundado en 1914 pola Sociedade Pro-Monte da Guarda, para acoller os vestixios prehistóricos atopados no monte Santa Tegra, onde se trasladou en 1950. Atópase nun edificio baseado nun proxecto de Antonio Palacios. Custodia restos arqueolóxicos, ourivaría, numismática, cerámica e escultura, das idades de Pedra e dos Metais e sobre todo os achados castrexos, dos que sobresae a colección de esvásticas. Conta tamén cunha colección numismática de moedas romanas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Santiago de Compostela. Creado en 1951, foi aberto ao público definitivamente en 1996, coa montaxe e a exposición permanentes. Dependente da Xunta de Galicia e membro do Consello Galego de Museos, atópase na coñecida como Casa Gótica. Os seus obxectivos centráronse no estudo e ilustración da orixe do culto ao Apóstolo Santiago e do fenómeno das peregrinacións, así como en poñer de manifesto a súa relevancia relixiosa e cultural. Deste xeito, estuda as orixes da peregrinación e do culto xacobeo, a cidade e a catedral, os camiños e os ritos, a imaxe do Apóstolo na historia, os gremios e as tradicións artesanais compostelás, os gravados composteláns e os instrumentos do Pórtico da Gloria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo de titularidade estatal situada no barrio xudeu de Toledo. Atópase en dous edificios comunicados entre si por un xardín: unha casa toledana do s XVI e un palacio renacentista, recuperado polo marqués de la Vega-Inclán. Inaugurouse en 1911 co fin de reunir as obras de El Greco e evitar a súa perda ou desaparición. A maioría das obras pertencen a última época do pintor. Acolle tamén pinturas das escolas españolas do s XVII, mobles dos ss XVI e XVII e cerámica toledana e talaverana. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado na casa de turismo rural A Rectoral de Artes (Ribeira). Naceu pola iniciativa do seu propietario Javier Expósito para mostrar a súa colección particular. Mostra gravados de autores desde o s XV ata a actualidade. Xestionado pola Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes, entre os seus obxectivos atópase o de actuar como centro de promoción das técnicas dixitais aplicadas á estampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vilar de Santos. Membro do Consello Galego de Museos, está dedicado á colección, recreación e exposición de obxectos relacionados coa etnografía galega. Ten salas dedicadas ao liño, aos oficios, á pataca, á casa e ao agro, ademais dun taller de tecidos artesanais e unha sala dedicada a xeografía, a historia e a memoria da comarca da Limia. Conta cunha biblioteca especializada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Etnográfico do Cebreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 2001 situado na antiga casa de Ricoy en Cambados. Dedicouse ao viño en xeral e ao albariño en particular. A súa colección combina restos arqueolóxicos e pezas de valor etnográfico, con paneis e audiovisuais en que se explican os diferentes procesos de crianza, obtención, conservación e cata do viño, cunha especial atención á rexión das Rías Baixas. Destaca a maqueta que recrea as adegas cistercienses e a zona exterior, onde se sitúan as cepas de albariño nas súas distintas formas de plantación.

    VER O DETALLE DO TERMO