Museo de El Greco

Museo de El Greco

Casa museo de titularidade estatal situada no barrio xudeu de Toledo. Atópase en dous edificios comunicados entre si por un xardín: unha casa toledana do s XVI e un palacio renacentista, recuperado polo marqués de la Vega-Inclán. Inaugurouse en 1911 co fin de reunir as obras de El Greco e evitar a súa perda ou desaparición. A maioría das obras pertencen a última época do pintor. Acolle tamén pinturas das escolas españolas do s XVII, mobles dos ss XVI e XVII e cerámica toledana e talaverana. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.