Museo de la Infancia, El
Museo de la Infancia, El
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir de 1 de outubro de 1872. Baixo o subtítulo “Revista moral e instrutiva dedicada a la niñez”, saíu cada dez días dos obradoiros da Tipografía Católica. Ventura Pueyo exerceu como director ata febreiro de 1873, data desde a que o director e propietario foi Xulio Sandino. Dedicada a instruír os nenos na moral católica, prestoulle especial atención ás nenas, ás que lles inculcaba a submisión ao home.