Museo de Historia Natural Luís Iglesias
Museo de Historia Natural Luís Iglesias
Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.