Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires

Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires
Nome científico: [MALBA]

Museo inaugurado en 2001 con sede en Bos Aires. Proxectado desde 1998 pola fundación Eduardo F. Constantini, concibiuse como unha institución privada sen ánimo de lucro, co obxectivo de coleccionar, preservar, estudar e difundir a arte latinoamericana desde comezos do s XX ata a actualidade. A Colección Constantini esta formada por máis de duascentas obras dos principais artistas latinoamericanos modernos e contemporáneos. Ademais da exposición permanente, organiza exposicións temporais, así como ciclos de cine, obradoiros, debates ou encontros con escritores e artistas.