"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de verme.
-
-
Aplícase ao medicamento que provoca a expulsión dos vermes parasitos intestinais como as ascárides ou os oxiúros.
-
vermicida.
-
-
PERSOEIRO
Reformador italiano. Cóengo augustiniano en Fiesole (1518), foi prior de San Pedro ad Aram en Nápoles (1537), onde entrou en contacto co círculo humanista de Juan de Valdés. Sendo prior en Lucca (1542), introduciu as doutrinas reformadoras e tivo que fuxir a Zúric (1542). Ensinou teoloxía en Estrasburgo (1542-1547 e 1553-1556) e en Oxford (1547-1553), e participou en diversos debates teolóxicos cos luteranos (ubicuísmo) e cos católicos (coloquio de Poissy). Escribiu Tractatio de eodem sacramento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás feridas que crían vermes e ás enfermidades que van acompañadas de produción de vermes intestinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das tres eminencias dos lados superior e inferior do cerebro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de vermes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, situado en Nova Inglaterra (24.900 km2; 608.827 h [2000]). A capital é Montpellier (8.035 h [2000]). Esténdese, en forma alongada, entre o río Connecticut, que lle serve de límite oriental, e o lago de Champlain, ao O, e entre Canadá, ao N, e Massachusetts, ao S. Os principais cultivos son o feo e as mazás. Destaca o gando bovino, principalmente vacún para a produción de leite. Ten industrias téxtiles, papeleiras, da pel e alimentarias. Habitada polos iroqueses, foi explorada por S. de Champlain (1609) e disputada por ingleses e franceses (s XVII-XVIII). Converteuse en Estado en 1791 e combateu a favor da Unión durante a Guerra de Secesión.
-
-
Bebida feita con viño e aromatizada con diversas herbas como a sarxa ou o tomiño. Prepárase por maceración ou disolución de extractos de plantas e déixase repousar para que acade o aroma característico. Pode ser doce (12-20% de azucre) ou seco (3-5% de azucre), e o seu grao alcohólico é de 15 a 20°.
-
Conxunto de tapas e bebidas que se toman antes de comer.
-
Función de cine ou teatro que se celebraba pola tarde antes das sesións habituais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que provén do xermánico Veremudus ou Veremundus, de ber ‘xabaril, porco bravo’, e metaforicamente ‘príncipe, señor’ e mund ‘man’, e metaforicamente ‘protección’: ‘o príncipe protector’. Na época medieval existiu a variante Veremudo e unha variante deu o apelido galego Bermúdez. Presenta a variante Bermudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? -? 797?) Rei de Asturias (788-791), fillo de Froila I e sucesor de Mauregato. Destacou na súa loita pola conquista dos territorios ocupados polos árabes. Sufriu a derrota na batalla do río Burbia (791), polo que tivo que abdicar en favor do seu sobriño Afonso II.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia (982-999) e de León (984-999), fillo bastardo de Ordoño III e sucesor de Ramiro III de León. Foi coroado pola nobreza galega en Santiago de Compostela, moi descontenta con Ramiro III quen, nun intento de recuperar o poder, enviou un exército na súa contra. A loita resolveuse ao seu favor e apoderouse de León obrigando a Ramiro III a retirarse a Astorga. Apoiado inicialmente por Almanzor, tomou o Reino de León, pero axiña o caudillo musulmán se enfrontou a el, atacou Coimbra, León e emprendeu o cerco de Zamora. Fuxiu a Lugo, pero os nobres galegos subleváronse contra el e aliáronse con Almanzor, que chegou ata Santiago de Compostela (997). Logo da retirada de Almanzor, reparou as cidades, templos e fortalezas destruídas e saqueadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de León (1028-1037), fillo e sucesor de Afonso V e último da dinastía galaico-leonesa. Herdou o reino en minoría de idade, asumindo a rexencia a súa madrasta Urraca de Navarra. Durante o seu reinado mantivo discordias con Sancho III de Navarra polas terras comprendidas entre Cea e o Pisuerga. O monarca navarro aproveitou a súa minoría para alentar as rebelións nobiliares no reino leonés (1029-1030 e 1032 en Galicia). Ao acadar a maioría de idade (1032), expulsou de León ao sector pro-navarro, acción que desencadeou unha rebelión xeral no reino leonés que Sancho III de Navarra aproveitou para ocupar Zamora, Astorga e León (1034). Nesta situación, refuxiouse en Galicia ata a morte de Sancho III (1035), cando recuperou os seus estados. Porén, a esixencia ao seu cuñado Fernando I de Castela de que lle devolvera as terras palentinas, desencadeou un novo conflito que rematou coa súa derrota na Batalla de Tamarón (1037).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Vilarmaior, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Betanzos, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia da Coruña. Limita ao N co concello de Pontedeume (comarca do Eume), ao S co de Irixoa (Betanzos), ao L con Monfero (O Eume) e ao O co de Miño (Betanzos). Abrangue unha superficie de 30,3 km 2 cunha poboación de 1.287 h (2007) distribuída nas parroquias de Doroña, Goimil, Grandal, Torres, Vilamateo e Vilarmaior. A súa capital é o lugar da Armada na parroquia de Vilarmaior (43° 20’ 42’’ N - 8° 08’ 37 ‘’ O), situada a 35 km da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Está situado nunha área de materiais do Precámbrico, fundamentalmente xistos e granitos. O relevo está bastante fracturado e incidido pola acción fluvial, de maneira que a erosión diferencial se amosa claramente. O concello ocupa os vales dos ríos Lambre, no S, e Vilariño, no N, a modo de chanzo topográfico (200-300 m) entre as terras baixas do Golfo Ártabro... -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santo Antón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -