"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xénero de dinosauros da familia dos diplodócidos, de ata 22 m de lonxitude de pescozo e cola moi longos e cabeza diminuta, de non máis de 55 cm de lonxitude e con dentes longos e delgados só na parte anterior da mandíbula superior. Alimentábase basicamente de follas que alcanzaba grazas ao seu longo pescozo e a erguerse sobre as patas traseiras. Igual ca os elefantes actuais, presentaban nas articulacións dos nocellos uns engrosamentos cartilaxinosos que axudaban a repartir o enorme peso do animal. Os primeiros fósiles destes animais foron descritos co nome de Apatosaurus polo que esta forma é a denominación nomeclatural correcta. Son propios de finais do Xurásico e os xacementos máis importantes están localizados en Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo da familia dos brontotéridos.

    2. Familia de mamíferos fósiles da suborde dos hipomorfos con aparencia de rinocerontes ao presentaren protuberancias afiadas semellantes a cornos, formadas por unha estrutura ósea recuberta de pel grosa. Pertencen a esta familia os xéneros Eotitanops, Dolichorhinus, Brontops, Embolotherium e Brontotherium propios de América do Norte e do leste de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os mamíferos do xénero Brontotherium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos fósiles da familia dos brontotéridos propios do Oligoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación empregada para referirse aos restos fósiles de ósos ou pegadas de grandes dinosauros dos que non se coñece a especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro norteamericano de investigación multidisciplinaria, fundado no 1946 e dirixido por unha asociación de universitarios baixo contrato co departamento de enerxía dos EE UU. Situado en Long Island, as súas principais liñas de investigación son a física teórica e aplicada, a biomedicina, a enerxética e as ciencias do medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, compositor e frautista. É director da Orquestra da Portland State University e da Orquestra Sinfónica de Vancouver (Washington). Como compositor escribiu ao redor de 65 obras de diferentes xéneros. Recibiu o Premio Ciutat de Barcelona (1983 e 1986), o Premio Generalitat de Catalunya (1984) e o Premio Reina Sofía (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Practicante e promotor do boxeo, redactou o primeiro regulamento e publicouno no 1742. Foi o introdutor das luvas protectoras (mufflers).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar francés, profesor na Universidade de París. Sostivo que as enfermidades eran secundarias a unha inflamación de aparello dixestivo, e elaborou unha teoría (broussaismo) segundo a que practicamente o único tratamento efectivo eran as sangrías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que toda aplicación continua nunha esfera n-dimensional (con n?2) ten un punto fixo; tamén se coñece simplemente como teorema do punto fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axitación continua de partículas de dimensións microscópicas, de aproximadamente 1 μm, en suspensión dentro dun fluído (líquido ou gas), causada polos impactos desordenados coas moléculas do medio, que se desprazan continuamente por axitación térmica. Foi observado en 1827 por Robert Brown. No 1905 Einstein e M. Smoluchowski deduciron a expresión do valor medio dos cadrados das proxeccións x dos desprazamentos dunha partícula calquera nunha dirección determinada e en tempos iguais: <x2>=2Dt, onde D=kT/6πηa é o coeficiente de difusión (k é a constante de Boltzmann, T é a temperatura, η é a viscosidade do medio e a é o radio da partícula e t o tempo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Creador do cine insólito e terrorífico marcado polo fantástico, consagrouse con filmes protagonizados por Lon Chaney e Bela Lugosi. Dirixiu, entre outras moitas películas, Jim Bludso (1917), The Virgin of Stamboul (A virxe de Istambul, 1920), The White Tiger (O tigre branco, 1923), The Unholly Tree (A trindade maldita, 1925), Mystic (Místico, 1925), The Unknown (O descoñecido, 1927), Outside the Law (Fóra da lei, 1930) e Miracles for Sale (Milagres á venda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista austríaco. Realizou estudios musicais no mosteiro de Sankt Florian, onde posteriormente exerceu a docencia e foi organista. En 1855 foi nomeado organista da catedral de Linz, en 1868 foi profesor do Conservatorio de Viena e dende 1875 da Universidade de Viena. Influído por Wagner e Beethoven, destacou como sinfonista e compuxo, ademais, música vogal sacra (misas, salmos, cantatas) e profana (cantatas e cancións).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial barcelonesa creada en 1942. Sucedeu á editorial El Gato Negro, fundada en 1912 por Joan Bruguera i Teixidó. En 1954 constituíuse en sociedade anónima. Publicou, principalmente, novela rosa, policíaca e libros e revistas infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Pola súa precaria situación familiar non puido chegar a recibir estudios superiores de música, se ben o seu talento levouno a unha ampla preparación autodidacta coa que pasou á historia da música teórica. Entre as súas obras destacan: Arte del canto llano para uso de los eclesiásticos, Secretos del arte musical, Obligaciones del maestro de música y deberes del discípulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Pioneiro no estudo e herborización da flora europea, ante a confusión da nomenclatura vexetal da época, publicou unha serie de escritos dende 1530 a 1536, compilación de traballos doutros autores onde poñía de manifesto as sinonimias que neles aparecían. A súa obra principal, Herbarum vivae icones (Imaxes das herbas vivas, 1531), é a primeira que contén a descrición, acompañada da ilustración científica, de cada especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial de ámbito estatal aparecida en 1898 que posúe unha delegación territorial na Coruña. Está dirixida por Francisco Fernández Cilleruelo, David García García e José Ramírez del Hoyo. Especializada nas publicacións e nos materiais educativos complementarios para uso escolar, tenta potenciar o desenvolvemento das diferentes linguas do estado a través das súas coleccións de libros de texto e literatura. Dentro desta liña, en lingua galega cómpre destacar as edicións dirixidas á Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, amais dun apartado dedicado á Literatura Infantil e Xuvenil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama asinada en Coblenza o 25 de xullo de 1792 polo duque Carlos Guillerme Fernando de Brunswick, comandante do exército austro-prusiano, en nome das potencias coligadas. Este manifesto, que ameazaba coa destrución total de París se a familia real francesa padecía a mínima aldraxe, provocou o efecto contrario: o derrocamento da monarquía o 10 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e libreiro. Establecido en Barcelona, durante a invasión napoleónica editou a Gaceta Militar y Política del Principado de Cataluña. En 1814 concedéuselle a edición do Diario de Barcelona. En Palma de Mallorca publicou o Diario Mercantil de Palma. Introduciu industrialmente a litografía no estado español (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO