browniano, movemento
browniano, movemento
[FÍS]
Axitación continua de partículas de dimensións microscópicas, de aproximadamente 1 μm, en suspensión dentro dun fluído (líquido ou gas), causada polos impactos desordenados coas moléculas do medio, que se desprazan continuamente por axitación térmica. Foi observado en 1827 por Robert Brown. No 1905 Einstein e M. Smoluchowski deduciron a expresión do valor medio dos cadrados das proxeccións x dos desprazamentos dunha partícula calquera nunha dirección determinada e en tempos iguais: <x2>=2Dt, onde D=kT/6πηa é o coeficiente de difusión (k é a constante de Boltzmann, T é a temperatura, η é a viscosidade do medio e a é o radio da partícula e t o tempo).