"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Instrumento cortante que se emprega para practicar a osteotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de tecido óseo, resultado da transformación do tecido conxuntivo. As células deste tecido vólvense osteoblastos con actividade metabólica dos sales de calcio. A osificación prodúcese nos ósos de membrana, como no cranio, ou ben o tecido conxuntivo vólvese cartilaxinoso antes de ser óseo, como nos ósos dos membros. No ser humano, iníciase no feto e continúa activamente na infancia e na adolescencia ata que o esqueleto está completamente rematado.

    2. Enfermidade hereditaria, transmitida xeralmente de maneira autosómica dominante, que se caracteriza por unha formación defectuosa da matriz ósea, o que comporta unha gran fraxilidade dos ósos. As fracturas e as deformidades son moi frecuentes. OBS: Tamén se denomina osteopsatirose ou enfermidade de Lobstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da osteoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á osteoxenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce tecido óseo.

    2. Aplícase á substancia da capa interna do periósteo que se transforma en óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ostra.

    2. Que é semellante a unha ostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bizantinista. En 1918 emigrou a Alemaña, foi profesor na Universidade de Breslau (1928-1933) e despois estableceuse en Belgrado. Destacan as súas obras Geschichte des byzantinischen Staates (Historia do estado bizantino, 1940) e Byzantine Cities in the Early Middle Ages (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teorema de Gauss.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Trasalba (Ourense), na casa que fora propiedade de Otero Pedrayo e que se converteu, tras a súa morte, en sede da Fundación Otero Pedrayo, así como da exposición dos que foran os obxectos persoais do autor e a súa biblioteca persoal. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal ou á persoa que é moi inquedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Son característico do lobo, do can e doutros animais.

    2. Asubío do vento ao soprar.

    3. Berro agudo ou en voz alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ouvea moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi arcebispo de Dublín (1599) e organizou a expedición que saíu desde A Coruña para reconquistar Irlanda do dominio protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás oxalidáceas.

    2. Planta da familia das oxalidáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou raramente leñosas, da orde das xeraniais, que presentan follas alternas, xeralmente compostas, flores hermafroditas, hipóxinas, pentámeras e actinomorfas, e froitos en cápsula. Son propias das rexións quentes e temperadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, neto de Enrique José O’Donnell Anethan, conde de Lucena, duque de Tetuán e vizconde de Aliaga. Durante a Primeira Guerra Carlista loitou no bando liberal e obtivo vitorias en Oiartzun (1838) e en Lucena (1839), pola que recibiu o título de conde de Lucena e a capitanía xeneral de València. En colaboración con Espartero, expulsou os carlistas do Maestrazgo, mais en 1841, partidario dos moderados, ergueuse contra o seu colaborador e participou no complot para raptar a raíña. Tivo que exiliarse en Francia, pero volveu en 1844 e ocupou o cargo de capitán xeneral de Cuba (1844-1848), senador vitalicio (1845) e director xeral de infantaría (1848). Perante as inmoralidades financeiras dos moderados ergueuse xunto co xeneral D. Dulce e conseguiu impoñerse co Manifiesto del Manzanares (1854), co que se inicou o Bienio Progresista. Foi ministro da Guerra no goberno de Espartero, do que se foi distanciando gradualmente, e tras a súa dimisión presidiu o goberno (xullo-outubro 1856). Cando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora estadounidense. Promovida en 1915 polo marchante Alfred Stieglitz, foi unha das pioneiras do modernismo no seu país. Formou parte do grupo de A. Stieglitz, e a súa pintura buscou formas case abstractas. A elegancia e a sensualidade que transmitía deu paso, en moitas ocasións, a suxestións de tipo sexual. Das súas obras destaca Black Cross (1929), Mule´s skull with pink poinsettias (1937) e Pelvis with moon (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. A súa obra, centrada principalmente na temática psicolóxica e social, é a ponte entre o expresionismo e o naturalismo alemán. Da súa produción destacan Die freudlose Gasse (A rúa sen alegría, 1925), Geheimnisse einer Seele (Misterios dunha alma, 1926), Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1929), Das Tagebuch einer Verlorenen (Tres páxinas dun diario, 1929), Der Prozess (O proceso, 1948) e Der letzte Akt (O derradeiro acto, 1955), sobre a caída do Terceiro Reich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas perennes, subleñosas, da familia das peoniáceas, que presenta follas alternas biternadas, grosas, flores de cor branca, rosa ou encarnada, solitarias, e froitos foliculares. Empréganse como plantas de xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO