osteoxénese

osteoxénese

(

  1. s f [FISIOL]

    Formación de tecido óseo, resultado da transformación do tecido conxuntivo. As células deste tecido vólvense osteoblastos con actividade metabólica dos sales de calcio. A osificación prodúcese nos ósos de membrana, como no cranio, ou ben o tecido conxuntivo vólvese cartilaxinoso antes de ser óseo, como nos ósos dos membros. No ser humano, iníciase no feto e continúa activamente na infancia e na adolescencia ata que o esqueleto está completamente rematado.

  2. osteoxénese imperfecta [PAT]

    Enfermidade hereditaria, transmitida xeralmente de maneira autosómica dominante, que se caracteriza por unha formación defectuosa da matriz ósea, o que comporta unha gran fraxilidade dos ósos. As fracturas e as deformidades son moi frecuentes. OBS: Tamén se denomina osteopsatirose ou enfermidade de Lobstein.