"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
Que lle falta unha parte porque se lle amputou un anaco.
-
Aplícase ao animal que carece dun corno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido forte, semellante a un veludo por urdido, que se emprega para diversos usos como facer alfombras, bolsas de man ou como tapizaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que se dá a alguén na cara ou na cabeza coa man ou co puño.
-
-
Enfermidade vírica que provoca transtornos respiratorios e nerviosos nos cans e outros animais carnívoros domésticos.
-
Tumor que se lle forma ás galiñas debaixo da lingua e que lles impide comer.
-
-
PERSOEIRO
Auditor da Armada. Escribiu La jurisdición de la Marina (1896), unha compilación de leis desta rama pola que lle outorgaron a cruz de terceira clase do Mérito Naval. Foi elixido deputado por Ferrol, aínda que non chegou a tomar posesión (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantaor flamenco. Desde moi novo desenvolveu o seu labor en diversos escenarios de Andalucía e Madrid. Cunha personalidade e estilo propios, unida a unha ortodoxia no cante, nas súas gravacións integra textos poéticos dos principais autores españois, introduce o flamenco na música sinfónica e litúrxica, no teatro clásico e no ballet, e fusiona o flamenco co jazz e o rock. Colaborou con Paco Cortés, Manolo e Isidoro Sanlúcar, Enrique de Melchor e, sobre todo, con Pepe Habichuela. Da súa discografía destacan Cante flamenco (1967), Esencias (1988), Misa Flamenca (1991), Omega (1996), Morente-Lorca (1998) e El pequeño reloj (2003). Recibiu o Premio Nacional de Música (1994) e o Galardón de Honor dos Premios de la Música (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de prata, unha faixa de goles, acompañada no alto de cinco panelas de sinople, colocadas en aspa, e no baixo dunha flor de lis de azul; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro.
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Morquecho, amosou por primeira vez a súa obra en Pontevedra en 1972. Formou parte do grupo Nome e residiu en Nova York. As súas primeiras obras achegáronse ao fauvismo, ao impresionismo e á pintura de Goya. Interesado pola natureza, comezou a destacar como paisaxista. A mancha é solta e rápida pero as súas obras tamén amosan o dominio do debuxo. As cores son vivas e brillantes como o verde, o amarelo ou o prateado, das que se desprenden a luz e coas que lles deu ás obras certa sensación de acuosidade. Da súa produción destacan Recordos (1993) e Petouto (1993) e as paisaxes realizadas durante a súa estancia en Nova York. Realizou exposicións individuais en Galicia e España e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, na Colección Caixanova e noutras coleccións galegas e españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muxía. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular. A cabeceira foi modificada durante o s XVIII e a fachada principal ten unha porta con arco rebaixado e enriba dela, unha fiestra circular que corresponde aos restos dun antigo rosetón. No lateral N érguese o campanario, arrimado á sancristía. En 1991 o templo sufriu outra reforma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mucopolisacaridose tipo IV que foi descrita polo médico Luis Morquio (1867-1935). OBS: Tamén se denomina osteocondrodistrofia deformante.
-
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Folgoso (Cerdedo). O seu cumio acada os 558 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Capitán da Mariña Mercante, oficial da Reserva Naval Española e subdelegado marítimo de Pesca en Sevilla, Ribeira e A Coruña (1933-1936). Técnico pesqueiro na secretaría de Agricultura, Industria y Trabajo de la República Dominicana e do Ministerio de Agricultura y Cría de Caracas (1941), foi membro da Sociedad Venezolana de Ciencias Naturales e do American Museum of Natural History. Publicou Biología de la merluza. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca, Los clupeidos. Clupea. La sardina. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca. Su industrialización (1945), Las tortugas del Orinoco (1945) e La cuna gallega de Cristóbal Colón (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Saa (Dozón). O seu cumio acada os 792 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Trampa para capturar moscas ou outros insectos voadores, xeralmente consiste nunha tira graxenta na que quedan pegados ou nun recipiente con líquidos que os atraen.
-
Utensilio para matar moscas.
-
Lugar pragado de moscas.
-
-
MONTES
Monte situado no extremo SO da parroquia do Burgo (Muras). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Eume que nace e desemboca na parroquia do Burgo (Muras).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido galego que se asentou na Casa de Lodoira, Mesía. Outras casas importantes foron as de Vilariño (Piñor de Cea), Ourense, Vilariño de Conso e Baiona. Estendeuse por terras ourensás de Castrelo e Valdeorras e polas terras lucenses de Taboada e Palas de Rei.