"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos santais.
-
Individuo do pobo santal.
-
Pobo do NL de India que habita nos estados de Bihar e Orissā. Aproximadamente son uns 5.640.000 individuos que falan o santali, lingua da familia munda. Tradicionalmente labregos e gandeiros, viven temporalmente da minaría en Jamshēdpur.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás santaláceas.
-
Planta da familia das santaláceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas semiparasitas, da orde das santalais, de follas simples, enteiras, opostas ou alternas, ás veces escamiformes. As súas flores son bisexuais ou unisexuais, pequenas, actinomorfas, de periantio tubular e a miúdo carnoso, case sempre agrupadas en inflorescencias. Os froitos son indehiscentes e monospermos, xeralmente drupáceos. Aparecen nas zonas cálidas e temperadas. En Galicia aparece a xesta mansa (Osyris alba).
-
-
-
Relativo ou pertencente ás santalais.
-
Planta da orde das santalais.
-
Orde de plantas herbáceas ou leñosas, dicotiledóneas monoclamídeas, máis ou menos parasitas, de follas simples ou escamiformes. As súas flores son a miúdo unisexuais, haploclamídeas e de xineceo ínfero. Os froitos son diversos.
-
-
GALICIA
Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia colorante vermella que se extrae da madeira do sándalo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baia.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Triacastela baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
-
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos da Pobra do Brollón e Bóveda. Está composto por 19 parroquias matrices e 5 anexas.