"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Intención ou vontade interna do autor dun acto. É necesario para a validez de certos actos ou asuntos xurídicos ou para a comisión dalgúns delitos. Emprégase, entre outras, nas locucións animus donandi ou intención de facer doazón, animus lucrandi (ánimo de lucro) ou intención de obter beneficios económicos e animus iniuriandi ou intención de facer inxuria.
-
Segundo a psicoloxía de C.G. Jung, é o arquetipo da psique feminina que representa a súa masculinidade inconsciente.
-
-
-
Lugar destinado ás aves para que poidan poñer os ovos.
-
Ovo que queda no niño para que a galiña poña máis alí.
-
-
-
Que aniña.
-
Ovo que se deixa no niño para que a galiña siga a poñer máis nese lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que aniña.
-
-
Agocharse unha ave, especialmente a galiña, no seu niño para pór ovos.
-
Facer niño, especialmente as aves, ou vivir habitualmente nun determinado lugar.
-
Estar unha ave no niño a chocar os ovos ou acubillando os pitos.
-
Agocharse dobrando as pernas e sentándose enriba dos calcañares.
-
Estar ou formarse algo dentro dunha persoa.
-
Colocar unha estrutura dentro doutra estrutura do mesmo tipo.
-
-
-
O primeiro ou primeiros días do ano que comeza con relación ao ano que remata. O aninovo celebrouse en case todas as rexións coñecidas cunha solemnidade especial. A pesar das súas diferencias, estas celebracións presentan trazos comúns tales como a abolición do ano ou do tempo transcorrido.
-
Coplas populares que se cantan para despedir o ano vello e dar entrada ao novo ano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ión de carga negativa, formado por un átomo ou por un grupo de átomos de composición definida cun ou máis electróns en exceso. Na electrólise os anións diríxense contra o ánodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo utilizado para designar a avaliación dos niveis de electrólitos (anións e catións) no soro e os trastornos que lle inflúen. Os valores do anion gap oscilan entre 8 e 18 miliequivalentes por litro nas persoas sas.
-
-
Relativo ou pertencente aos anións.
-
Deterxente a base dun tensoactivo aniónico.
-
Composto tensoactivo, no que a parte de maior actividade superficial da molécula se atopa no anión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tautomería na que as estruturas se diferencian pola posición dun átomo ou dun grupo de átomos que son quen de dar un anión estable, de tal forma, que o paso dunha estrutura a outra se pode considerar formalmente causada pola migración dun anión.
-
-
Acción e efecto de aniquilar.
-
Desaparición dunha partícula cando atopa a súa antipartícula, do que resulta un conxunto doutras partículas. Esta reacción está permitida pola lei de conservación da masa-enerxía: a enerxía total inicial da parella partícula-antipartícula transfórmase en enerxía cinética das novas partículas. Cando toda a enerxía inicial se transforma en enerxía cinética de partículas sen masa, a materia desaparece e transfórmase en radiación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que aniquila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aniquilación.
-
-
Reducir ao nada, destruír totalmente algo.
-
Destruír a forza, a virtude, a eficacia dalgunha cousa ou de alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia conxénita, total ou parcial, de iris. Provoca no enfermo problemas de cegamento ao faltarlle a acción diafragmática do iris.
-
-
-
Confeito feito con anís.
-
Toda clase de confeitos pequenos.
-
-
Confeito feito con anís.
-
Denominación común da augardente anisada, feito de alcohol, azucre e anís. A súa introdución en España data do s XIX, ligada a motivos sanitarios, pois estaba considerada como o mellor remedio contra o cólera. A finais de século xurdiron marcas como Anís del Mono, que impuxo a botella de vidro branco e puntas de diamante, imitada por todos os fabricantes desta bebida. Os anises en España distínguense pola cor da súa etiqueta: verde, para os secos (que adoitan tomarse como aperitivo disolto en auga), branca para os semisecos e vermella para os doces (que se soen tomar como licor dixestivo).
-
Froito do badián (Illicium verum) formado por uns oito folículos agrupados radialmente, aromático (rico en anetol), empregado en farmacia como estimulante, e para aromatizar algúns guisos e sopas, licores (como o anisete) e menciñas.
-
Aceite esencial, incoloro ou amarelento, extraído das sementes do anís. O seu principio activo é o anetol. Úsase como carminativo e para dar o seu gusto característico a medicamentos e licores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘desigual’.
-
-
Que ten o sabor ou o cheiro do anís.
-
Augardente de herbas preparada fundamentalmente con anís.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destilador para anisar. Un dos máis empregados é o de Egrot, que consiste nun recipiente de cobre dentro do que vai pendurada unha rede ou saqueta que contén a esencia de anís. Os vapores de alcohol atravesan a rede e satúranse da esencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido, de intenso olor a estripeiro e gusto anisado picante, presente en diversos aceites esenciais (de anís, de mimosa das Indias, entre outros). O produto sintético obtense por oxidación do anetol ou a partir do anisol. Emprégase como aromatizante na alimentación, en perfumería e na síntese de produtos farmaceúticos.