aninovo
aninovo
(< ano + novo)
-
s
m
O primeiro ou primeiros días do ano que comeza con relación ao ano que remata. O aninovo celebrouse en case todas as rexións coñecidas cunha solemnidade especial. A pesar das súas diferencias, estas celebracións presentan trazos comúns tales como a abolición do ano ou do tempo transcorrido.
Ex: Vou pasar o aninovo á aldea.
-
s
m
Coplas populares que se cantan para despedir o ano vello e dar entrada ao novo ano.