"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Viladonga (Castro de Rei), fundado polo Ministerio de Cultura en 1983 e aberto ao público en 1986. A súa xestión transferiuse á Xunta de Galicia en 1989. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse para a acoller e expoñer os restos procedentes do xacemento castrexo e galaico-romano de Viladonga. Ademais da exposición permanente, que amosa aspectos relacionados co hábitat natural e cultura material, realiza diversas actividades complementarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas e de prácticas relativas ao funcionamento dos museos. Encárgase da clasificación, descrición e catalogación dos obxectos dun museo. Wilhelm von Bode, director dos museos de Berlín no inicio do s XX, foi un dos principais pais da museografía. O International Council of Museums (ICOM), vinculado á UNESCO, e a Mouseion, publicada por esta última entidade, encargáronse de sistematizar e propagar as normas museográficas. OBS: Tamén se denomina museoloxía aplicada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á museografía.
-
PERSOEIRO
Compositora e pianista. Formouse en Edimburgo e en París con N. Boulanger. Destacou pola súa poderosa linguaxe musical e o forte sentido do drama. Da súa produción destacan concertos e óperas como The voice of Ariadne (1974), Mary, Queen of Scots (1977), Simón Bolívar ou a obertura Rainbow, obra que se afasta das marxes da música clásica convencional. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Glasgow.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de textos ou publicacións de tema musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe sobre música, xeralmente cun carácter científico ou crítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso nacionalista xurdido en Detroit en 1932 baixo o pulo de Elijah Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad e co nome de Comunidade Islámica en Occidente. Propugnaba a creación dunha nación do Islam en que se tiña que integrar a comunidade afroamericana de EE UU e que debía rematar coa supremacía branca. O movemento tivo a máxima difusión na década de 1960 con Malcolm X.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.
-
-
furúnculo.
-
Figura musical que equivale á duración dunha cuarta parte da redonda e á metade dunha branca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición musical creada por Xoán Montes Capón na última década do s XIX. É unha das obras máis destacadas do nacionalismo musical galego e foi galardoada co primeiro premio nun certame musical celebrado en La Habana en 1892. Incluíuse dentro das seis Baladas galegas, e púxolle música a un famoso poema de Rosalía de Castro inserido en Follas Novas (1880).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Covas (Ames). Localízase sobre unha rocha de granito e destaca pola cantidade e variedade de combinacións circulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de negros, especialmente os que se levaban dunha vez nun barco negreiro.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Vicenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que é de cor tirando a negro.
-
-
Muíño que se emprega para moer unicamente centeo e millo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multitude de negros.
-
PERSOEIRO
Pintor e fotógrafo. Comezou facendo daguerrotipos dos cadros de Delaroche (1844) e calotipos (1850). Instalou un estudo en París, onde fotografou bodegóns, retratos e arquitectura. Cofundador da Société Française de Photographie, experimentou con varios procesos fotográficos, como o heliogravado (1854), a calotipia (1856) e a fotogalvanografía (1861). Foi un dos primeiros en retratar escenas cotiás, moitas delas en movemento, e Napoleón III encargoulle a documentación do Asilo Imperial en Vincennes, que se pode considerar a primeira reportaxe social.
VER O DETALLE DO TERMO