"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tabasco, México (520.308 h [2002]). Está situada na beira esquerda do río Grijalva. É o centro dunha rexión petrolífera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.519 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1806, 1815 e 1820), xuíz de Alzadas no Tribunal do Comercio do Real Consulado da Coruña, deputado en Cortes pola Coruña (1834-1836), maxistrado da Real Audiencia da Coruña (1838) e membro da Sociedad de Amigos del País de Santiago. Publicou Memoria sobre la necesidad y modo de dar mas grande impulso a la agricultura en España [...] (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia amarelada, inodora, insípida e insoluble en auga e en alcohol. Emprégase sobre todo como antiséptico cutáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Descubriu as estrelas dobres (1890) mentres estudaba a velocidade das estrelas mediante a aplicación do efecto Doppler. Elaborou un catálogo de 51 estrelas e determinou a velocidade de rotación do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e musicólogo francés. Discípulo de G. Fauré no Conservatoire de París, publicou os libros Musiques d’aujourd’hui (1923), La Symphonie (1949), Histoire de la musique (1950), Claude Debussy (1957) e Gabriel Fauré (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade linfoproliferativa de células linfoplasmocitoides secretoras de inmunoglobulina. OBS: Tamén se denomina macrogobulemia de Waldenström.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da antiga provincia alemá de Prusia Oriental. Foi conquistada pola orde Teutónica. Coa Paz de Toruń (1466), a maior parte reincorporouse ao reino polaco ata 1771. Os Tratados de Versailles (1919) estableceron que a súa adscrición, desputada por Polonia e Alemaña, se decidise nun plebiscito que pediu a unión con Alemaña (1920). En 1945 o centro e o S pasaron a Polonia, mentres que a zona norte foi anexionada a Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico danés. Fundador da ecoloxía vexetal, describiu a flora ártica e a de Brasil. Escribiu Plantesamfund. Gruntraek af den okologiscke Plantengeografi (Comunidades vexetais. Introdución á xeobotánica ecolóxica, 1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (24.203 km2; 1.468.313 h [estim 2000]). A súa capital é Olsztyn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Desenvolveu un procedemento para diagnosticar a sífilis mediante a aplicación do método inventado por Bordet chamado fixación do complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paniculite non supurativa nodular febril recidivante, de etioloxía descoñecida, caracterizada pola formación de nódulos inflamatorios necrosados no panículo, con febre, malestar xeral e síntomas xerais de enfermidade. OBS: Tamén se denomina paniculite nodular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das forzas armadas do III Reich, organizadas en 1935 sobre a base do pequeno exército de 100.000 soldados (Reichswehr) permitido polo Tratado de Versailles. Desapareceu en 1945 coa derrota nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e antropólogo alemán. Estudou as variacións da forma do cranio con relación ao crecemento do individuo e determinou o tamaño exacto dos eritrocitos e ideou un método para medir a cantidade total de sangue dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade caracterizada por artralxias, dor abdominal, diarrea con esteatorrea e perda de peso, debida a unha obstrución linfática relacionada con microorganismos baciliformes aínda non identificados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva ocasionada pola falla de capacidade hepática na excreción do cobre cara á bile, polo que o metal se acumula en diversos órganos e provoca efectos tóxicos. OBS: ; Tamén se denomina dexeneración hepatolenticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Inspirado na ópera cómica italiana do s XVIII, compuxo Le donne curiose (1903), I quattro rusteghi (1906), L’amore medico (1913), Sly (1927), Il campiello (1936) e La dama boba (1937, baseada na obra de Lope de Vega).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña, á beira esquerda do Rin (75.900 h [1990]). Porto fluvial, ten industrias mecánicas, de mobles, de conservas e químicas. Nela asinouse o Concordato de Worms (1122) e a Dieta de Worms (1521). Destaca a catedral, de estilo románico tardío.

    VER O DETALLE DO TERMO