Warmia

Warmia

Rexión histórica da antiga provincia alemá de Prusia Oriental. Foi conquistada pola orde Teutónica. Coa Paz de Toruń (1466), a maior parte reincorporouse ao reino polaco ata 1771. Os Tratados de Versailles (1919) estableceron que a súa adscrición, desputada por Polonia e Alemaña, se decidise nun plebiscito que pediu a unión con Alemaña (1920). En 1945 o centro e o S pasaron a Polonia, mentres que a zona norte foi anexionada a Rusia.