"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Que carece de intelixencia e de educación.
-
Que actúa utilizando a forza física.
-
Que realiza accións faltas de prudencia ou medida.
-
Aplícase á cantidade de diñeiro á que aínda non se lle aplicou ningún tipo de desconto. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
-
Aplícase ás cousas que se conservan en estado natural sen ter sufrido ningunha modificación e aos produtos industriais que non foron purificados ou refinados. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
-
Animal irracional, especialmente os cuadrúpedes.
-
Denominación creada por Jean Dubuffet para definir os obxectos creados ou pintados por primitivos, nenos e dementes que non recibiran formación artística e que presentaban unhas características de inmediatez inxenua e de curiosidade casual. Dubuffet iniciou en 1947 unha colección con este tipo de obxectos, que presentou en Lausanne en 1972 e, en 1976, no Château de Beaulieu. Así mesmo, Dubuffet deu valor ao obxecto, como xa llo deran Duchamp e Picasso.
-
Peso total de algo incluíndo a tara, os envases, o desperdicio, etc. OBS: Tamén se emprega a construción en bruto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Albino
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Galaico
-
PERSOEIRO
Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Segundo a lenda, despois do suicidio de Lucrecia, violada por Tarquinio, alzou o pobo en armas e derrocou a monarquía, decretando o exilio da familia real. Trala creación do consulado, Bruto foi un dos primeiros en exercer esta maxistratura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e patricio romano. Foi educado polo seu tío Catón de Útica e gozou da amizade de Cicerón. Participou na Batalla de Farsalia no bando dos pompeianos e, trala derrota, César permitiulle marchar a Atenas, onde continuou os estudios de filosofía. Axudado por César, no 45 a C accedeu ao cargo de pretor urbano. Participou na conxura anticesariana pensando que así se salvaría a República; sen embargo, debido á sublevación popular contra os conxurados fuxiu e morreu na Batalla de Filipos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da Lusitania. Suponse que foi fundada por Décimo Xunio Bruto o Galaico na campaña que emprendeu polo Occidente peninsular entre os anos 138-134 a C. Podería ser o primitivo nome de Valencia de Alcántara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O do brazo occidental do Nilo e ao S de Alexandría (10.130 km2; 3.973.000 h [estim 1995]). A capital é Damanhūr.
-
PERSOEIRO
Médico e botánico. Dedicou unha gran parte da súa vida á preparación e á confección de Flora Pyrenaica, obra monumental e de publicación póstuma (1897), básica para o coñecemento da flora dos Pireneos. Tamén escribiu Flora Virgiliana, onde estudiou a contribución botánica da obra de Virxilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Dedicouse especialmente aos brións. Recolleu material herbario en Finlandia, Francia e Galicia. En 1951 publicou Uber die Flora und Vegetation Nordwest-Spaniens (Sobre a flora e a vexetación do noroeste de España), obra de referencia no estudo da flora galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, presenta un estilo persoal na pintura de paisaxes que o achegan a Galicia no uso dunha cor marcadamente sensorial e na creación dunha atmosfera dacabalo entre o real e o irreal. Foi cofundador da revista e do grupo Desnivel. Dende 1978 realizou diversas exposicións e dende 1986 é profesor de debuxo e pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Xunto con Alfonso Sastre e Alfonso Paso dominou a escena española na década dos anos cincuenta e sesenta. Foi apresado en 1939 a causa da súa participación na Guerra Civil. A súa obra Historia de una escalera, estreada en 1949 e galardoada co Premio Lope de Vega, constitúe un dos fitos do realismo que daría lugar á aparición dunha problemática crítica, ausente na escena española desde 1939, e unha das primeiras miradas críticas á España da posguerra que influiría en autores posteriores. A súa técnica evolucionou desde as formas do teatro psicolóxico e existencial ata as influídas polo teatro brechtiano, aínda que sempre cunhas solucións moi persoais, presentando os obstáculos que limitan a condición humana e que ou son externos, e aquí se inscribe a súa vertente social e política, ou internos, enmarcados nunha ambigüidade transcendente. Para el, o coñecemento humano móvese entre as insuficiencias físicas e a inseguridade das intuicións, expresada a través...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da vila de Bueu, na parroquia e concello homónimos, situado no fondo da enseada de Bueu, na beira meridional da ría de Pontevedra e setentrional da península do Morrazo. É un dos portos de baixura máis importantes de Galicia, e posúe lonxa propia. Xunto cos de Cangas e Moaña, tamén no Morrazo, é un dos primeiros portos na descarga de mexillón. Nas súas instalacións opera ademais unha compañía de transporte de pasaxeiros dedicada ao tránsito local na ría. Ofrece tamén servicios ás embarcacións de recreo e deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos glucósidos atopados nas secrecións cutáneas dos sapos xunto coa bufotenina e outras substancias activas sobre o sistema nervioso. As bufotoxinas son tipicamente velenos cardíacos.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. No 1898 construíu un triciclo impulsado por dous motores. No 1910 fabricou o primeiro coche nun obradoiro de Molsheim (Alsacia), que logo se convertería na factoría de automóbiles de luxo Bugatti. En 1911 creou, con Peugeot, o motor Bébé Peugeot e foi o primeiro en empregar o compresor para sobrealimentar os motores dos coches de carreiras. Construíu tamén os primeiros automotores de combustión interna dos ferrocarrís franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘coche’.
-
Bulla indulgentiarum confraternitati Crucifixi Redemptoris in ecclesia cathedrali Auriensi concessarumVER O DETALLE DO TERMO
Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial dunha chancelería encargado de poñer o selo (xeralmente a bula de chumbo) nos documentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a terreos ou lugares nos que hai moito bulleiro.
-
-
-
s m
Volume ou tamaño de algo.
-
vulto redondo
Escultura que pode contemplarse desde calquera punto de vista ao seu redor. OBS: Tamén se denomina escultura exenta.
-
s m
-
Aquilo ao que sobresae nunha cousa.
-
Obxecto que forma parte dunha carga que se vai transportar.
-
Inchazón no corpo ou nun órgano que sae cara a fóra.
-
Obxecto ou masa que non se percibe con claridade pola distancia ou a mala visibilidade.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e político. É coñecido principalmente pola súa novela The last days of Pompeii (Os derradeiros días de Pompeia, 1834).
VER O DETALLE DO TERMO