"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. santa.

    2. barbantesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rezar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao O da capital provincial (7.099 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria da cortiza. Destaca o antigo mosteiro de San Isidoro del Campo (BIC, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi santo.

    2. Que é digno de respecto e veneración, na relixión católica.

    3. Hostia consagrada que representa a Xesús Cristo na Eucaristía. OBS: Adoita empregarse en maiúscula.

    4. Capela, normalmente lateral ou á parte, onde se garda a hostia consagrada. OBS: Tamén se denomina capela fonda ou santísimo.

    5. Mostrar a hostia dentro da custodia ou o copón e poñela para a adoración dos fieis.

    6. Título honorífico dado ao Papa e a algúns patriarcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maceda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Santiso, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 50’ 50” de latitude N e 8° 02’ 20” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Melide (comarca de Terra de Melide), ao L co de Palas de Rei (comarca da Ulloa), ao S cos de Agolada e Vila de Cruces (os dous da comarca do Deza), e ao O co concello de Arzúa (comarca de Arzúa). Abrangue unha superficie de 67,4 km2cunha poboación de 2.102 h (2007), distribuída entre as parroquias de Barazón, Beigondo, Belmil, Liñares, Mourazos, Niñodaguia, Novela, Pezobre, Pezobrés, A Ponte Arcediago, Ribadulla, San Román, Santaia de Rairiz, Santiso, Serantes, Vimianzo e Visantoña. A capital está no lugar de Agro do Chao, na parroquia da Ponte Arcediago, localizada a 53 km de Santiago de Compostela e a 89 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Lugo (arciprestado de Abeancos) e ao partido xudicial de Arzúa.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muxía baixo a advocación de san Tirso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, discípula de Josep María Fenollera. Innovou na súa obra con esquemas impresionistas e modernistas, como reacción á pintura tradicional de liña oficial, aínda que posteriormente se dedicou a escenas costumistas. Empregou unha paleta de grises, que cara á última época se caracterizou por unha maior luminosidade. Da súa obra destaca A bordadora (1907) e a Cea do campaneiro (1923). Foi profesora da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Vinculado profesionalmente a El Pueblo Gallego, tamén traballou como avogado. Membro do Partido Radical-Socialista, participou no Pacto de Lestrove (1930) e foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre. Militante do PP desde 1995, foi coordinador provincial de deportes da Consellería de Cultura (1988-1989), membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 1999, alcalde de Abegondo e presidente da asociación de acción local Terra das Mariñas. En substitución de Juan Miguel Diz Guedes, foi nomeado conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presentador. Coñecido como Mon Santiso, traballou como locutor e director de programas de radio en Antena 3, Radio 80 e RNE, e como presentador, guionista e director de programas de televisión en TVG, Canal 10, Antena 3 TV e La 2 de Televisión Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Ramón Santiso Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Casa de Naia (Antas de Ulla). Ten planta en forma de L e os seus muros mesturan cantaría e cachotaría. Conserva hórreo, pombal e unha capela de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado en Sierra Morena e delimitado ao S polo Guadalimar (4.745 h [2001]). Ten gandaría, agricultura e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO