Santiso

Santiso


Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 50’ 50” de latitude N e 8° 02’ 20” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Melide (comarca de Terra de Melide), ao L co de Palas de Rei (comarca da Ulloa), ao S cos de Agolada e Vila de Cruces (os dous da comarca do Deza), e ao O co concello de Arzúa (comarca de Arzúa). Abrangue unha superficie de 67,4 km2cunha poboación de 2.102 h (2007), distribuída entre as parroquias de Barazón, Beigondo, Belmil, Liñares, Mourazos, Niñodaguia, Novela, Pezobre, Pezobrés, A Ponte Arcediago, Ribadulla, San Román, Santaia de Rairiz, Santiso, Serantes, Vimianzo e Visantoña. A capital está no lugar de Agro do Chao, na parroquia da Ponte Arcediago, localizada a 53 km de Santiago de Compostela e a 89 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Lugo (arciprestado de Abeancos) e ao partido xudicial de Arzúa.
Xeografía física
Predomina un relevo de suaves ondulacións e pequenos vales situados ao redor duns 400 m de altitude. As elevacións máis importantes atópanse no N, no monte Roda (447 m), e máis ao O no castro de Vimianzo (443 m). O clima é oceánico, con temperaturas medias anuais suaves, ao redor dos 12°C, unha amplitude térmica inferior aos 15°C entre o mes máis frío, decembro, e o máis cálido, xullo, e abundantes precipitacións, normalmente por riba dos 1.500 mm. A rede hidrográfica está condicionada polo encoro de Portodemouros, sobre o río Ulla, inaugurado en 1967, que forma parte do límite municipal entre Santiso, Agolada, Vila de Cruces e Arzúa. Os cursos fluviais serven tamén para trazar o resto do límite municipal de Santiso polo S co río Ulla, polo L co río Seco e polo O co río Boente, de tal forma que o único afluente do Ulla de certa consideración que atravesa o concello é o Furelos. Os bosques de coníferas de repoboación (especialmente piñeiros) son os de maior importancia e só nas marxes dos ríos aparece vexetación de ribeira como freixos, salgueiros e ameneiros.
Xeografía humana
A poboación de Santiso sufriu durante a segunda metade do s XX un importante decrecemento, contraposto á evolución da primeira metade, levemente positiva. En 1900 o concello contaba con 4.173 h e en 1950 con 4.831 h, sendo nesta década cando comezou o declive poboacional, para acelerarse nas dúas decadas posteriores e estabilizarse ao finalizar o século. Nas décadas de 1960 e 1970 a poboación emigrou a outras localidades galegas e españolas. A estrutura da poboación amosa un importante avellentamento, pois 32,3% do total ten máis de 65 anos, fronte ao 12,1% de h menores de 20 anos; o grupo intermedio representa o 55,6%. Este avellentamento tamén se reflicte no crecemento natural da poboación (2006) que é negativo (-8,3‰) motivado por unha baixa natalidade (4‰) e unha elevada mortalidade (12,3%). Por sexos domina os homes 51,6% fronte ao 48,38% de mulleres. Existen no concello máis de 100 entidades diferenciadas, o que explica o predominio do hábitat diseminado.
Xeografía económica
A taxa de actividade (2001) do concello de Santiso é do 41,3% (53,8% a masculina e 28% a feminina); a taxa de ocupación é do 37,6% (48,8% a masculina e 25,6% a feminina) e a taxa de paro é do 9% (9,3% a masculina e 8,4% a feminina). Na estrutura económica o primario segue a ser o sector máis importante, xa que ocupa ao 37% da poboación activa. O 31,1% ocúpase no secundario (15% na industria e 16,1% na construción) e o 31,9% no terciario. Ten máis de 5.000 ha de superficie total das explotacións, repartidas entre as destinadas a cultivos e a pastos permanentes para a alimentación do gando. No sector primario destaca o armentío bovino, cunha clara orientación á produción de leite, na maioría dos casos asociado á cooperativa Melisanto. O sector servizos, aínda que está en aumento en canto a poboación activa, é deficitario e o concello depende en gran

Datos de poboación (2007)

Provincia A CORUÑA
Comarca Terra de Melide
Extensión 67 Km2
Poboación Total 2102 h
Poboación Homes 1085 h
Poboación Mulleres 1017 h
Densidade de poboación 31.37 h/Km2
GoogleMaps :
Mapa : Mapa xeral
Mapa : Mapa xeral 2
Mapa : Mapa parroquias