"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Provincia de Iemen (20.310 km2; 1.087.524 h [1994]). A súa capital é Al-Rudah.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada ao SL preto do río Tamanduatei (149.203 h [1991]). Forma parte da área metropolitana da cidade de São Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil, o terceiro en lonxitude do continente, con 2.900 km. Nace na serra Canastra (Minas Gerais), atravesa a sabana ao longo do estado de Bahia, as montañas litorais, e chega ao Atlántico, ao límite entre os estados de Alagoas e Sergipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Fundouno en 1136 Diego Xelmírez que levou a cabo o proxecto de Munio Afonso de crear un mosteiro á beira do río Sar que se rexese pola regra dos agostiños. Foi a primeira comunidade agostiña de Galicia. Durante o mandato do prior Jácome Álvarez (1505-1536) converteuse en priorado e en 1548 a comunidade agostiña foi substituída por clérigos regulares. En 1867 converteuse en igrexa parroquial. A igrexa conserva a estrutura románica pero reformouse no s XVIII. Ten planta basilical con tres naves sen cruceiro e tres ábsidas. Accédese ás ábsidas por arcos de medio punto dobrados. A capela maior é de planta poligonal tanto cara ao interior como ao exterior e ten unha dobre arcada, separada por unha imposta lisa, a inferior é cega e a superior ten arcos cegos, decorados con pinturas murais, e outros abertos. As ábsidas laterais teñen planta poligonal cara ao interior e semicircular cara ao exterior. As naves sepáranse por piares cruciformes que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e operador cinematográfico húngaro. No seu primeiro filme Feldobottko (Pedra lanzada cara a arriba, 1967) rememorou as traxedias sociais na posguerra. Dirixiu tamén Holnap lesz fácán (Mañá teremos faisán, 1974), 80 huszár (80 húsares, 1978) e In memoriam Gyöngyössy Imre (1997). Dos seus documentais destacan Pergőtőz (Fogo a discreción, 1982-1983), en homenaxe aos soldados do segundo exército húngaro, inmolado durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Retirouse ao deserto de Libia e foi mestra doutras mulleres eremitas. Na iconografía represéntase con hábitos monacais e báculo, e con crucifixo, rosario, libro e cranio, como anacoreta. A súa festividade celébrase o 9 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Ingresou na academia militar de Ávila e prestou servizos no corpo de intendencia. Establecido en València (1925), estudou a iconografía e a pintura medieval valenciana. Escribiu a serie La pintura medieval valenciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e erudito. En 1861 encargáronlle a formación da Academia de Administración da Mariña en Ferrol. Ocupou, entre outros cargos, os de ordenador do Arsenal de Ferrol, intendente de Ferrol e intendente xeral do ministerio da Mariña. Das súas obras destacan Estudios sobre la época céltica en Galicia (1867), Tratado de economía política (1870), Estudios sobre Galicia (1888), La cuestión obrera en Galicia (1893) e Efemérides ferrolanas: apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e erudito. Foi secretario de interior da Dirección General de Establecimientos Científicos e, retirado da vida militar, traballou na Compañía Arrendataria de Tabacos. Dirixiu a Biblioteca Nacional e foi académico de número da Real Academia Española e correspondente da Real Academia de la Historia. Colaborou no Dicionario da RAE e dirixiu a revista La Unión Ibero-Americana. Das súas obras destacan, El corregidor Pontejos y el Madrid de su tiempo (1909), Lo siento mucho: consideraciones y documentos relativos al famosos ingenio del hidalgo Blasco de Garay (1913), Alonso de Santa Cruz inventor de las cartas esféricas de navegación (1914) e Las trombas marinas (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crioulo de base inglesa e unha forte influencia portuguesa no léxico que se fala en Surinam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (1.097 km2; 53.730 h [estim 1993]). A súa capital é Sarandë (16.400 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Susan Abigail Tomalin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Mordovia, Rusia, situada na ribeira esquerda do Insar (319.000 h [estim 1997]). Ten industrias electrotécnicas, metalúrxicas, mecánicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (10.691 km2; 258.300 h [estim 1995]). A súa capital é Saravan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza e música popular catalá que se compón de dúas partes: unha curta e outra longa. Os bailadores, collidos das mans e formando círculo, de cara ao centro e movéndose de lado, marcan os compases da música cos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei semítico de Acad (2371 -2316 a C). Fundou o reino e a dinastía de Acad. Copeiro de Ur-Zababa, rei da dinastía IV de Kish, alzouse contra el, tomou o poder e erixiu unha nova cidade, Acad ou Agadé. Venceu a Lugalzagissi, rei da dinastía III de Ur, e someteu despois a zona do Golfo Pérsico, ao S, e a rexión ocupada máis tarde por Asiria, ao N. Chegou, polo SL, ata Elam, derrotou a Subartu e penetrou ao N de Siria e quizais tamén en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO