Sára, Sándor

Sára, Sándor

Realizador e operador cinematográfico húngaro. No seu primeiro filme Feldobottko (Pedra lanzada cara a arriba, 1967) rememorou as traxedias sociais na posguerra. Dirixiu tamén Holnap lesz fácán (Mañá teremos faisán, 1974), 80 huszár (80 húsares, 1978) e In memoriam Gyöngyössy Imre (1997). Dos seus documentais destacan Pergőtőz (Fogo a discreción, 1982-1983), en homenaxe aos soldados do segundo exército húngaro, inmolado durante a Segunda Guerra Mundial.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tira