"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que designa o bordo lateral da tella no sentido lonxitudinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lixo ou desperdicio que se xunta na varredura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. vascalleiro.

    2. varredoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente cóncavo e fondo que serve para conter líquidos ou alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudou en Santiago de Compostela, onde fundou os xornais El Pensamiento de Galicia e El Pensamiento Galaico (1887). Foi deputado (1893-1919) e fundou o Partido Tradicionalista e El Pensamiento Español (1919). Sostiña que os tres puntais do tradicionalismo eran a unidade católica, a monarquía cristiá e a liberdade municipal. Propugnaba unha representación corporativista e, en política internacional, era partidario da federación con Portugal e do achegamento a América Latina. En Galicia participou en diversos actos rexionalistas. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de políticos lucenses. Manuel María Vázquez Queipo de Llano (1800-18599), I conde de Torre Novaes de Quiroga, foi deputado pola provincia de Lugo (1834-1838 e 1844-1846). O seu irmán Vicente Vázquez Queipo de Llano (1804-1893), foi xurista e matemático. Defensor do liberalismo, foi deputado polas provincias de Pontevedra e Lugo e polo distrito de Quiroga (1837-1838, 1844-1851). Foi fiscal da Audiencia en La Habana e publicou Tabla de logaritmos vulgares. Vicente María Pantaleón Vázquez Quiroga Queipo de Llano (1827-1867), fillo de Manuel María, foi alcalde de Santiago de Compostela e deputado polo distrito de Quiroga e pola sección de Lugo (1858-1867). Antonio Vázquez Queipo (1840-?), fillo de Vicente, foi deputado por Quiroga (1879-1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funcionario colonial, I marqués de Salinas del Río Pisuerga (1609) e cabaleiro de Santiago. Vicerrei de Nueva España (1590-1595 e 1607-1611) e de Perú (1596-1604), combateu a pirataría e os araucanos de Chile. En 1611 foi nomeado presidente do Consello de Indias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cnidarios mariños, da orde dos hidroideos, cuxo gastrozooide central está provisto dun pneumatóforo triangular que forma unha especie de vela. Son peláxicos e coloniais, e pódese atopar nas augas mediterráneas e atlánticas da Península Ibérica a especie V. velella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, regado polo Guadalfeo, situado ao N de Motril (2.580 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao L da capital, entre os núcleos de Torrejón de Ardoz e Arganda (8.202 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na cordilleira Cantábrica, á beira do río Carrión (1.682 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura e a central hidroeléctrica do pantano de Compuerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita idade.

    2. Que existe desde hai moito tempo ou que pertence a unha época pasada.

    3. Que está gastado ou deteriorado polo uso ou o paso do tempo.

    4. Que precede a outro máis novo.

    5. Persoa que ten moita idade.

      1. Peixe mariño perciforme, de ata 15 cm de lonxitude, que presenta o corpo afusado e comprimido lateralmente, e escamas grandes. Ten unha soa aleta dorsal con 18 a 20 raios soltos soamente pola parte de enriba, e de 5 a 7 brandos e unidos. É de cor castaña con bandas violetas.

      2. serrán vello.

      3. vello das rochas

        serrán rochoso.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita nun valado, nun muro ou parede para permitir o paso.

    2. Porta rústica que serve para pechar esta abertura.

    3. Abertura ou xanela pequena por onde se atende ao público en oficinas ou en despachos de billetes.

    4. Abertura que se fai nos costados dos barcos, pechada cun cristal groso, que serve para que entre claridade e ventilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. verdoso.

    2. Conxunto de plantas verdes e miúdas que se forman sobre unha superficie húmida.

    3. Clase de uva branca.

    4. Nome aplicado a diferentes comunidades de algas microscópicas filamentosas, principalmente cigoficias (espiroxiras, Zygnema), clorofíceas (cladóforas, Ulothrix, Oedogonium, Microspora, Vaucheria) e esquizoficias. Forman revestimentos verdes, frecuentemente viscosos, sobre paredes de bases, fondos de charcas, cursos lentos de auga, regatos, prados asolagados, arrozais, etc. En termos ecolóxicos corresponde ao plocon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións militares que se desenvolveron entre 1916 e 1917, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, na zona de Verdun e no río Mosa. Concibida como un ataque de desgaste, a ofensiva alemá topou cunha resistencia encarnizada do exército francés, comandado por Pétain e que acabou converténdose nunha guerra de trincheiras. En agosto de 1917 os franceses retomaron a iniciativa, e ao cabo dun ano xa recuperaran as posicións iniciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá cunha verga.

    2. Fustrigada que se fai co vergallo.

    VER O DETALLE DO TERMO