"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo checo. Despois de estudar debuxo e pintura, en 1951 comezou coa fotografía e realizou a súa primeira exposición en 1963. Nas súas imaxes escenificou a propia realidade, influída por unha infancia marcada pola invasión nazi. Cunha predilección polo branco e negro e os contrastes (home/muller; madurez/mocidade), encargouse do proxecto GEN (retrato de 100 checos de hoxe).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián alemán. Especializado en cirurxía torácica, inventou e puxo en práctica a cámara pneumática de baixa presión (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Alemaña situada no land de Renania do Norte-Westfalia. É unha chaira duns 500 m que constitúe a marxe setentrional do macizo xistoso Renano. Unha das súas principais riquezas son os xacementos de chumbo, cinc e ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Despois dunha etapa influenciada polo surrealismo, iniciou a súa adscrición á abstracción expresionista, ao xestualismo e ao neofigurativismo, que enlazou coa pintura de acción. Foi membro cofundador do grupo El Paso (1957). A súa obra inscribiuse nunha liña de denuncia desmitificadora, con frecuentes alusións históricas (Retrato imaginario de Felipe II), e unha constante utilización do tremendismo, como nas series das Crucifixiones e as Multitudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista suízo. Foi profesor de lingüística indoeuropea e de lingüística xeral en Xenebra e catedrático da École Pratique des Hautes Études en París. A dicotomía entre lingua (langue), o sistema de signos, e fala (parole), o acto concreto de cada individuo ao falar; a definición do signo como a combinacón dunha imaxe acústica (significante) e un concepto (significado); a distinción entre sincronía e diacronía; a análise da lingua como unha estrutura onde todo está en relación; o carácter arbitrario do signo lingüístico e a distinción entre as relacións sintagmáticas e as relacións paradigmáticas, son as súas principais achegas á lingüística moderna. Das súas obras destacan Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878), De l’emploi du genitif absolu en sanscrit (1880), pero sobre todo o Cours de linguistique générale considerado como o punto de partida do estruturalismo, que foi preparado polos seus discípulos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico serbio, fillo de Estevo I de Serbia. Fuxiu para facerse monxe no monte Athos (1192), onde cambiou o nome de Rastko polo de Sava. Obtivo de Constantinopla o recoñecemento de autocefalia da igrexa serbia (1219), da que foi primeiro patriarca (1221).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU que desemboca no Océano Atlántico (730 km). Nace ao pé dos Apalaches meridionais, corre en dirección NO-SL e desemboca preto da cidade homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Georgia, EE UU (131.510 h [2000]). É porto comercial da costa atlántica, situado preto da desembocadura do Savannah, e posúe construcións navais, refinaría de petróleo e industrias da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (21.774 km2; 674.900 h [estim 1995]). A súa capital é Savannakhét (96.652 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Mauricio (245 km2; 66.356 h [2000]). A súa capital é Souillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Influído por Nietzsche, os librepensadores e un certo anarquismo, ocupouse sobre todo das cuestións éticas. Desenvolveu unha intensa actividade en favor da paz en Euskadi. Das súas obras destacan os Apóstatas razonables (1976), Panfleto contra el Todo (1978), Invitación a la ética (1982, Premio Anagrama de ensaio), La tarea del héroe (1982, Premio Nacional de Literatura), Ética para Amador (1991), Sobre vivir (1994), El jardín de las dudas (1994), El contenido de la felicidad (2002), Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003) e El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y progresismo? (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Savoia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formado no ambiente da escola lombarda, traballou os efectos da luz. Os seus nocturnos e paisaxes crepusculares anunciaron a obra de Caravaggio. Destacan Tobiolo e l’angelo, Trasfigurazione, Maddalena e San Matteo e l’angelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador italiano. De nome Pietro Brazza-Savorgnan, explorou o río Ogooué (1875-1878), chegou ao Congo e puxo baixo protectorado francés todos os estados do Rei Makoko (1879-1882). Como comisario xeral do goberno (1887-1897) organizou o Congo francés ou Congo Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira das Montañas Rochosas situada no centro do estado de Colorado, EE UU. O seu cumio, o monte Elbert, acada os 4.395 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos belga. Coñecido como Adolphe Sax, perfeccionou co seu pai, Charles-Joseph Sax (1791-1865), diversos instrumentos de vento. Inventou o saxofón (1840) e os diversos instrumentos da familia dos saxhorns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Ducado de Saxonia-Weimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira porcelana de Europa de pasta dura. Comezouse a fabricar a principios do s XVIII en Meissen, grazas ao descubrimento, por parte de B. Böttger, dun produto básico, o caolín, ata o momento coñecido só en China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (20.446 km2; 2.523.000 h [2003]). A súa capital é Magdeburg. Creado en 1945 na República Democrática Alemá coa unión dos länder de Anhalt e Saxonia, coa reunificación alemá de 1990 formouse de novo coa agrupación de Magdeburg e Halle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo estado do Permiano de Europa Occidental, mantido especialmente polos autores franceses, equivalente ao Kunguriano e ao Ufimiano da plataforma rusa.OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO