Saussure, Ferdinand de
Lingüista suízo. Foi profesor de lingüística indoeuropea e de lingüística xeral en Xenebra e catedrático da École Pratique des Hautes Études en París. A dicotomía entre lingua (langue), o sistema de signos, e fala (parole), o acto concreto de cada individuo ao falar; a definición do signo como a combinacón dunha imaxe acústica (significante) e un concepto (significado); a distinción entre sincronía e diacronía; a análise da lingua como unha estrutura onde todo está en relación; o carácter arbitrario do signo lingüístico e a distinción entre as relacións sintagmáticas e as relacións paradigmáticas, son as súas principais achegas á lingüística moderna. Das súas obras destacan Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878), De l’emploi du genitif absolu en sanscrit (1880), pero sobre todo o Cours de linguistique générale considerado como o punto de partida do estruturalismo, que foi preparado polos seus discípulos Bally e Sechehaye, publicado en 1916 e completado por Robert Godel en 1957 co título de Les Sources manuscrites du Cours de linguistique générale. En 1891 Francia outorgoulle La Légion d’Honneur.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xenebra -
Deceso
Lugar : castelo de Vufflens, Vaud