"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á semiconsoante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da química en que as determinacións analíticas son levadas a termo cunha mostra da orde do centigramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pensamento dos teólogos dos ss V e VI, sobre todo Xoán Casiano, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, co apoio dos monxes do sur da Galia, que tentaron mitigar a doutrina da graza de santo Agostiño. Sostén que a diferenza entre escollidos e réprobos non depende da predestinación divina senón da vontade humana. Considerado reminiscencia do pelaxianismo, foi combatido por Próspero de Aquitania, Fulxencio de Ruspe e Cesáreo de Arles, que obtiveron a condena no segundo sínodo de Aurenja (529).
-
-
Relativo ou pertencente ao semipelaxianismo.
-
Seguidor do semipelaxianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas rexións en que un plano é dividido por unha recta contida no devandito plano.
-
-
Que é case transparente.
-
Lámina que, por medio dun depósito de prata nunha das superficies, reflite parte da luz que lle chega e deixa pasar o resto.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Opúxose ao pietismo pola súa teoloxía racional. Aplicou o método crítico-histórico á Biblia, o que lle abriu o camiño á libre interpretación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (96.816 km2; 551.986 h [estim 2001]). A súa capital é Semnān (91.045 h[1996]).
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Jorge de Sena, foi catedrático de Literatura Portuguesa e Española na University of California. A súa poesía recolleuse nos tres volumes de Poesia (1977-1978). Publicou libros de contos, como Andanças do Demónio (1960), Novas Andanças do Demónio (1966) ou Os Grão-Capitães (1976), e as novelas O Físico Prodigioso (1977) e a inacabada Sinais de Fogo (1979). Como crítico literario, destacan os ensaios A Estrutura de “Os Lusíadas” e Outros Estudos Camoneanos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970) e Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Discípulo de J. J. Rousseau e seguidor da ideoloxía naturista, escribiu Rêveries sur la nature primitive de l’homme (1799) e Obermann (1804), en que presentou unha análise implacable do eu cunha dose de pesimismo e amargura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilastose (Muxía). Ten planta en forma de L con patín posterior e escaleira de acceso a este. Os muros son de cachotaría e as esquiñas, cornixas e ocos de cantaría. Conserva o pombal.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boimorto. Construída no s XII, ten unha soa nave e ábsida circular. Na fachada destaca o óculo central semicircular e o frontón partido. A espadana, de dous vans, é do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1997), centrouse na investigación da fotografía histórica. Fixo a súa primeira exposición en 1983 e dirixiu, xunto con Xosé Luís Suárez Canal, a programación da Sala dos Peiraos (1985-1991) e a da Fotobienal de Vigo desde 1984. Dirixiu tamén as coleccións de libros Álbum, de fotografía histórica galega, e Do Trinque, de fotografía contemporánea, ambas do Centro de Estudios Fotográficos. Publicou Ourense de Auga e Pedra (1990), Paisaxes (1991), Tempos que hai neste tempo (1995) e Cuspindo a barlovento (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e naturalista suízo. Estudou nas plantas os efectos da luz e observou a produción de osíxeno e dióxido de carbono. Escribiu Diss. de polygamia (1765), Ditionnaire des fôrets et bois (1790-1815) e Physiologie végétale (1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, filósofo e político. Os seus mestres eclécticos iniciárono na práctica de doutrinas austeras e exerceron sobre el unha influencia intelectualmente moi profunda que configuraron o seu estoicismo, humanizado polo sentimento e a unidade de estilo e de pensamento que liga a súa obra. Comezou a carreira de dereito que abandonou pola envexa de Calígula. Consagrouse á filosofía e ás letras, frecuentou a alta sociedade e converteuse en home desexado pola xente refinada. Foi acusado de adulterio e condenado a morte polo Senado, pero Claudio impediu que a sentenza se cumprise, e foi exiliado a Córsega. Volveu como preceptor de Nerón e comezou a súa época política. Ao desatarse a crueldade de Nerón retirouse dos asuntos públicos, pero non atopou a tranquilidade que desexaba. Suicidouse por orde do emperador. Nas súas obras rompeu co período ciceroniano e empregou unhas frases en que predomina a brevidade, a repetición, a asimetría e a antítese, cun estilo cheo de observación psicolóxica....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.
-
-
Relativo ou pertencente a Senegambia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Senegambia.
-
-
PERSOEIRO
Nobre persa. Foi prendido e conducido a Roma xunto con Abdón cara ao ano 247 por dar sepultura aos mártires cristiáns. Non renegaron da súa fe e foron degolados durante a persecución do emperador Decio, despois de que as feras non os mataran no circo. Represéntase xunto con Abdón, con traxe oriental, túnica curta de pel e gorro frixio, ou con traxe nobre, e leva como atributos xerais palma e coroa de martirio, e leóns aos pés, e como atributos persoais, un acio de uvas e espigas de trigo na man. A súa festa celébrase o 30 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).
VER O DETALLE DO TERMO