Senén, san

Senén, san

Nobre persa. Foi prendido e conducido a Roma xunto con Abdón cara ao ano 247 por dar sepultura aos mártires cristiáns. Non renegaron da súa fe e foron degolados durante a persecución do emperador Decio, despois de que as feras non os mataran no circo. Represéntase xunto con Abdón, con traxe oriental, túnica curta de pel e gorro frixio, ou con traxe nobre, e leva como atributos xerais palma e coroa de martirio, e leóns aos pés, e como atributos persoais, un acio de uvas e espigas de trigo na man. A súa festa celébrase o 30 de xullo.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Roma