"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Soprano italiana. Coñecida como Giuditta Pasta, cantou por toda Europa e retirouse cara a 1850. Debutou con Le tre Eleonore (1815), e logo Bellini confioulle a estrea de Norma (1831) e Donizetti as de Anna Bolena (1830) e L’elisir d’amore (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica polaca. De nome Barbara Apollonia Chalupiec, chegou a Hollywood en 1923, onde destacou no cine mudo ata que apareceu o cinema sonoro, que acabou practicamente coa súa carreira. Da súa filmografía destacan The Last Payment (1922), The Spanish Dancer (1923), Men (1924), Barbed Wire (1927) e Madame Bovary (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore dioica, de ata 20 m de altura, que presenta as follas alternas, deltoides, co pecíolo longo, as flores en amentos colgantes e os froitos en acios péndulos con cápsula dehiscente. É orixinario do N de África, Europa e centro e L de Asia. En Galicia atópase en zonas cálidas, á beira dos ríos ou en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Especializado en fisioloxía, en 1922 obtivo unha cátedra na Universidad de Madrid. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, ingresou no PSOE, e en 1931 foi elixido deputado. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Facenda e Economía no goberno de Largo Caballero (1936-1939). Desde este cargo reorganizou a economía de guerra e ordenou o traslado a URSS dunha gran parte das reservas de ouro do Banco de España. Coa dimisión de F. Largo Caballero, foi nomeado primeiro ministro (1937-1939) e posteriormente ministro de Defensa Nacional (1938-1939). Condicionado pola evolución da guerra, en outubro de 1937, decidiu o traslado do goberno a Barcelona. En febreiro de 1939, coa caída de Catalunya, exiliouse. Foi presidente do goberno republicano no exilio ata 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘pulga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘caldeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negrítidos.

    2. Individuo da raza negrítida.

    3. Raza do grupo melanodermo, braquicéfala, cos cabelos crechos, a cara redonda pouco prógnata, o nariz chato e os beizos moi grosos. Presentan escasa estatura e representan un residuo racial moi antigo. Son tres grupos principais: os negríticos das illas Andaman, os semang e os que ocupan as montañas de Filipinas, especialmente o centro de Luzón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negrito.

    2. Individuo do pobo negrito.

    3. Pobo que habita a rexión montañosa do centro da illa de Luzón, Filipinas. Teñen pouca altura e corpo harmonioso e ben proporcionado. Presentan unha pel moi escura, con cabelos curtos e crechos, cara redonda, beizos non moi grosos e o nariz moderadamente ancho. Os homes practican a caza e as mulleres a recolección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condicións e características socioculturais da raza negra.

    2. Movemento social e intelectual que reivindica a tradición cultural negra. O termo foi empregado por primeira vez en 1935 polos escritores Léopold Sédar Senghor, Aimé Césaire e Cheikh Anta Diop. Despois caeu en desuso por considerarse inadecuado para a comprensión dos problemas do mundo actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é dunha cor tirando a negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Arxentina (600 km) que se forma pola unión dos ríos andinos Neuquén e Limay. Atravesa a estepa árida de Patagonia e desemboca no Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil, principal afluente pola esquerda do Amazonas (2.050 km). Nace no L de Colombia, na fronteira con Venezuela, penetra en Brasil, atravesa as chairas amazónicas e únese ao Amazonas pouco despois de Manaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Uruguay, afluente pola esquerda do río Uruguay (800 km). Nace en Brasil e desemboca augas abaixo da cidade de Mercedes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, unha torre, de goles, e sete armiños, de sable, colocados en situación de orla.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é da cor do tisne ou do carbón. Na tradición oral recóllense ditos como: “A terra negra bo pan leva, a branca nin pan nin palla. Da ovella negra nace un año branco”.

      2. Que está privado totalmente de claridade.

      3. Que presenta unha cor máis escura dentro da súa especie.

      4. Cor do carbón, a máis escura de todas.

    1. Aplícase ao individuo do grupo melanodermo.

    2. Que presenta sucidade.

    3. Que resulta extremadamente desgraciado.

    4. Que está fóra do control fiscal.

    5. Aplícase á cor dos corpos que non emiten nin reciben ningunha radiación luminosa visible.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Licenciado en Socioloxía e profesor no Instituto Teológico de Lugo, está adscrito á Universidad Pontificia de Salamanca e ao Instituto Internacional de Ciencias Religiosas San Agustín de Lugo. Foi responsable do Movimiento Cultural Cristiano. Da súa produción destacan Historia del primero de mayo (1984) e, en colaborción con Ana Rivas, Revolución Autogestionaria (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos salmos relixiosos dos negros estadounidenses cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar continental anexo ao Mediterráneo (400.000 km2). Esténdese entre Europa e Asia, limitado polos territorios de Rusia, Ucraína, Xeorxia, Romanía, Bulgaria e Turquía. Comunica co Mediterráneo polo Bósforo, o mar de Mármara e os Dardanelos e co mar de Azov polo estreito de Kerč’. As costas meridionais son xeralmente rochosas e escarpadas, mentres que as do N, pola contra, son areosas e chás, en particular entre a península de Crimea e a desembocadura do Danubio. Polo sector N esténdese unha vasta plataforma continental, con profundidades inferiores aos 100 m; cara ao centro e ao S a profundidade aumenta ata os 2.240 m de máximo. Durante o Plioceno (Terciario) e ao comezo do Cuaternario, os movementos tectónicos que afectaron á área dos estreitos unírono co Mediterráneo. Os portos principais son Odessa, Sebastopol (base naval), Burgas, Varna, Trebisonda, Zonguldak e Samsun. A pesca é importante na plataforma continental. Na Antigüidade os gregos chamárono mar inhospitalario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘negro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta caracteres propios do grupo melanodermo.

    VER O DETALLE DO TERMO