negro -gra
(< lat nigru)
-
-
adx
Que é da cor do tisne ou do carbón. Na tradición oral recóllense ditos como: “A terra negra bo pan leva, a branca nin pan nin palla. Da ovella negra nace un año branco”.
Ex: Comprou un paraugas negro.
-
adx
Que está privado totalmente de claridade.
Ex: Era noite negra cando se cometeu o crime.
-
adx
Que presenta unha cor máis escura dentro da súa especie.
Ex: Este tabaco negro parece que ten un sabor diferente.
-
s
m
Cor do carbón, a máis escura de todas.
Ex: Pintou as fiestras de negro para que non pasase a luz.
-
adx
-
adx e s
[ANTROP/FISIO]
Aplícase ao individuo do grupo melanodermo.
-
adx
Que presenta sucidade.
Ex: É un porco, sempre anda coas uñas negras.
-
adx
Que resulta extremadamente desgraciado.
Ex: O pasado luns foi un día negro para o teu irmán, despedírono do traballo e tivo un accidente.
-
adx
Que está fóra do control fiscal.
Ex: Páganlle parte do seus emolumentos en diñeiro negro.
-
adx e s
m
[FÍS]
Aplícase á cor dos corpos que non emiten nin reciben ningunha radiación luminosa visible.
-
s
m
[HIST]
Nome que os absolutistas lles deron aos liberais durante o reinado de Fernando VII, como resposta á denominación de servís que os absolutistas recibiran dos liberais.
-
s
m
Persoa que fai traballos, principalmente literarios, para outro que diante do público se presenta como autor.
Ex: Descubriuse que o libro o escribira un negro e non esa coñecida periodista.
-
cine negro
[IMAX]
cine negro.
-
[QUÍM]
-
negro animal
carbón animal.
-
negro de acetileno
Pos carbonosos obtidos pola descomposición térmica do acetileno, que se empregan na superficie dos calefactores para disipar a electricidade estática.
-
negro animal
-
[QUÍM]
-
negro de anilina
Colorante que resulta da oxidación, mediante dicromato, de diversas moléculas de anilina.
-
negro de fume
Pos carbonosos de estrutura floculosa obtidos por combustión incompleta de compostos con moitos átomos de carbono. Son de cor negra e empréganse principalmente en imprenta, pintura e tinturaría.
-
negro de anilina
-
[TÉXT]
-
negro de campeche
Colorante que se obtén por ebulición da madeira torada do campeche en alcohol e éter.
-
negro oxidado
ariante estable do negro de anilina que non enverdece nin sae ao lavar, que se obtén pola oxidación do xénero impregnado de negro de anilina e cun tratamento posterior cun dicromato alcalino e con ácido sulfúrico.
-
negro prusia
Negro moi brillante que se obtén sobre a seda fervida previamente.
-
negro de campeche
-
-
negro de platino
[QUÍM]
Platino, finamente dividido, que se obtén por precipitación dunha disolución dun sal de platino cun axente redutor.
-
negro mineral
Pigmento negro obtido por pulverización de lousas e xistos que conteñen carbón, que se emprega na fabricación de colorantes.
-
negro de platino
[QUÍM]
-
novela negra
[LIT]
novela negra.