"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Tumor carnoso semellantes ao sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade inflamatoria crónica, de etioloxía indeterminada, caracterizada pola formación de proliferacións retículo-histiocitáreas (como gránulos de millo, cun granuloma epitelioide no interior) cutáneas, ganglionares, glandulares, óseas ou pulmonares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aíña elástica que contén un fascículo muscular elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor maligno do tecido conxuntivo e de sostemento. Segundo a estrutura pódense distinguir diferentes tipos: fibrosarcoma, de estrutura fibrosa; mixosarcoma, de estrutura mucosa; miosarcoma, de estrutura muscular; e reticulosarcoma, de estrutura linforeticular.

    2. Neoplasia pigmentaria de evolución clínica maligna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcomastigóforos.

    2. Protozoo do filo dos sarcomastigóforos.

    3. Filo de protozoos unicelulares ou coloniais, autótrofos ou heterótrofos, que se desprazan mediante flaxelos, pseudópodos ou cos dous. Comprende amebas, flaxeladas e opalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso que se caracteriza pola formación de sarcomas múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sarcoma.

    2. Que ten os caracteres do sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos segmentos en que se supón divididas as fibras musculares polas liñas de Krause.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasma das células musculares. Contén glicóxeno, enzimas glicolíticos, ATP, fosfocreatina e electrólitos inorgánicos, como tamén diferentes aminoácidos e péptidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcopterixios.

    2. Peixe da subclase dos sarcopterixios.

    3. Subclase de peixes osteíctios que se caracterizan por posuír aletas carnosas. Inclúe a orde dos crosopterixios ou celacantiformes (coas aletas lobuladas) e os dipnoos (peixes pulmonados). Teñen esqueleto interno osificado, opérculo, escamas cosmoides e os dentes son substituídos continuamente. Apareceron durante o Devónico e diversificáronse durante o Paleozoico. Existen 3 xéneros de dipnoos (Neoceratodus -Australia-, Protopterus -África- e Lepidosiren -América do Sur-) e un de crosopterixios (Latimeria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arácnidos, da familia dos sarcóptidos, ao que pertence o ácaro da sarna

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácaro da sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos catártidos, da orde dos falconiformes. A especie máis coñecida é o S. papa, de 80 cm, cor abrancazada, excepto o rabo e as remeiras primarias e secundarias, que son negras, e a base do pescozo, que é de cor gris escura. Habita en selvas, bosques e terreos abertos desde México ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dos tecidos carnosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido derivado da glicina que está presente nalgúns péptidos e que resulta da descomposición da creatina e da cafeína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mitocondria do sarcoplasma dunha fibra muscular que se pode observar co microscopio electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten sementes carnosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das pecizáceas, que se caracteriza por presentar un carpóforo en forma de copa, de cor branca ou gris, co interior de cor violeta forte. Algúns pódense atopar de marzo a xuño en solos calcarios tales como os piñeirais dunares. Algúns exemplares son tóxicos en cru, e aínda cocido poden resultar perigosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcosporídeos.

    2. Protozoo da antiga orde dos sarcosporídeos.

    3. Antiga orde de protozoos esporozoos que incluía formas parasitas dos músculos e tecidos conxuntos de certos vertebrados (mamíferos, paxaros e réptiles) e invertebrados acuáticos (anélidos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte externa, carnosa, dalgunhas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO