sarcopterixio -xia
sarcopterixio -xia
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos sarcopterixios.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da subclase dos sarcopterixios.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Subclase de peixes osteíctios que se caracterizan por posuír aletas carnosas. Inclúe a orde dos crosopterixios ou celacantiformes (coas aletas lobuladas) e os dipnoos (peixes pulmonados). Teñen esqueleto interno osificado, opérculo, escamas cosmoides e os dentes son substituídos continuamente. Apareceron durante o Devónico e diversificáronse durante o Paleozoico. Existen 3 xéneros de dipnoos (Neoceratodus -Australia-, Protopterus -África- e Lepidosiren -América do Sur-) e un de crosopterixios (Latimeria).