"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Raíña de Aragón. Casou con Fernando II de Aragón polo segundo tratado de Blois (1505) e deu a luz un neno morto (1509), o que truncou a separación dos reinos de Aragón e Castela. Foi lugartenente de Catalunya, Aragón e València.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anión de fórmula GeO32- que se pode considerar derivado do ácido xermánico por perda dos hidróxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que os romanos deron á gran chaira de Europa Central desde o Rin ata o Vístula, ocupada por pobos de orixe indoeuropea. As tentativas de conquista fracasaron e as dificultades da zona impediron unha gran colonización e explotación que se limitou á rexión do Rin (Renania), organizada administrativamente no s I ao dividila nas provincias de Xemania Inferior e Xermania Superior. Os emperadores flavios e antoninos fortificaron o limes e, sen o perigo das invasións, foi romanizada. Destacaron as cidades da Augusta Treverorum (Tréveris), Colonia Agrippina (Colonia) e Novaesium (Neuss).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Imperio Romano creada en 17 d C por Tiberio. Comprendía o territorio que ía entre a beira esquerda do baixo Rin, ao N da Xermania Superior, e a provincia de Bélxica. A capital era Colonia Agrippina (Colonia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Imperio Romano creada en 17 d C por Tiberi. Comprendía o territorio que ía entre a provincia de Bélxica, o Rin ata Rigomagus, a Retia, o lago Lemanus e a provincia Lugdunensis. A capital era Mogontiacum (Maguncia).
-
REINOS
Estado xurdido do Imperio Carolinxio polo Tratado de Verdún de 843. Comprendía Saxonia, Turinxia, Franconia, Alemaña, Baviera e as marcas orientais. O seu primeiro rei foi Luís o Xermánico. Desapareceu no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento que estalou na Coroa de Aragón, nos reinos de València e Mallorca, entre 1519 e 1523, como un intento, fracasado, da burguesía de tomar o poder. Inicialmente eran milicias armadas integradas polos gremios e autorizadas en 1502 para facer fronte aos berberiscos. De carácter netamente urbano e moderado, a revolta radicalizouse e pasou ao campo. A nobreza valenciana, que viu ameazado o seu poder, conseguiu de Carlos I o seu desarmamento. A revolta coincidiu coas Comunidades de Castela. Os seus membros foron derrotados e os líderes axustizados.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos.
-
Individuo do pobo xermánico.
-
Pobo indoeuropeo que habitaba Xermania. Malia que de orixe descoñecida, parece ser que se pode identificar a primitiva cultura xermánica cunha civilización do Bronce Final que, partindo dun núcleo situado ao S de Escandinavia, ocupou a gran chaira de Europa Central. Na época de Augusto, o límite meridional do poboamento constituíuno o curso do Danubio ata o final da conca panónica. No s III apareceron confederacións de carácter militar que ameazaron constantemente as fronteiras do Imperio Romano ata a época das grandes invasións dos ss IV e V, que penetraron en territorio romano e constituíron reinos independentes. A súa estrutura social comprendía tres estamentos: a nobreza, os homes libres (guerreiros) e os escravos. Seminómades, con tendencia ao sedentarismo, habitaban en poboados de cabanas illados e en campamentos. A súa economía era rudimentaria e diversa, dedicábanse á agricultura, principalmente de cereais, e á gandaría de bovinos e de equinos. Destacaron como tecedores, metalúrxicos...
-
-
Dereito dos pobos xermánicos. A forma habitual de ditar este dereito era oral, e estaba ao coidado dos xuíces, escollidos por votación maioritaria entre o pobo. A forma literaria deste dereito chegou coa influencia do dereito romano, razón pola que os dereitos xermánicos escritos adoptaron o latín vulgar. Non obstante, coñécense as excepcións dos anglosaxóns e dos xermanos do N, que empregaban a mesma lingua do pobo para redatar os dereitos propios.
-
Estilo tectónico orixinado nos antepaíses ou nas zonas cratónicas e caracterizado pola presenza de numerosas fracturas e a ausencia de dobramentos.
-
Grupo de linguas do phylum indoeuropeo orixinarias dun tronco común non documentado e reconstruído por comparación: o protoxermánico. Adóitase dividir en tres subgrupos: o oriental, xa extinguido, do que se conserva a Biblia gótica, en visigótico, obra de Ulfila (mediados do s IV); o setentrional, ou escandinavo, que xurdiu do nórdico ou antigo escandinavo, e que comprende, por unha parte, o islandés e o noruegués e, doutra banda, o danés e o sueco; o occidental, que comprende o inglés, o frisón, o neerlandés (holandés, flamengo, afrikaans), co seu antepasado, o fráncico, o baixoalemán e o altoalemán, antigo e moderno. En canto ao yiddish, de base xermánica, comporta moitos elementos hebreos e eslavos (ruso e polaco). No campo fonético, o grupo xermánico caracterízase, dentro da familia indoeuropea, por unha reestruturación vocálica, como consecuencia de modificacións de timbre, cantidade e configuración ditongal no sistema orixinario, por unha serie...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao xermanio.
-
Que contén xermanio.
-
Aplícase a algúns compostos de xermanio nos que este presenta unha valencia ou número de oxidación de +4.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral romano, fillo de Druso e sobriño do Emperador Tiberio, que o adoptou (4 d C). Foi cónsul (12) e en dúas ocasións imperator. Destacado xeneral e moi popular en Roma, realizou vitoriosas campañas no Rin e venceu a Arminio. Obtivo un triunfo en Roma (17), e despois foi enviado polo emperador a Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elemento das linguas xermánicas transmitido a outro idioma. Cómpre distinguir entre os xermanismos antigos, impostos cando tivo lugar o afundimento do Imperio Romano de Occidente, e os modernos, en particular os préstamos do alemán e do inglés (anglicismo).
-
Palabra de orixe xermánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
s Persoa que se dedica á xermanística.
-
-
Materia que estuda temas de historia e cultura dos pobos xermánicos.
-
Estudo das linguas xermánicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de xermanizar e xermanizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estender(se) e popularizar(se) nun país a cultura e os costumes xermanos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos que ocupaban Xermania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Xermania.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Alemaña ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Alemaña.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da Segunda Guerra Mundial (1941-1945), que enfrontou a URSS, coa axuda dos aliados, ao Terceiro Reich, sostido polas potencias do Eixe, que rematou coa vitoria soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Moscova (22.8.1939) pola URSS e Hitler, polo que se establecía un compromiso mutuo de non agresión e unha limitación das zonas de influencia de ambos os dous estados. Este pacto deixou as mans libres a Hitler para atacar Polonia, o que desencadeou a Segunda Guerra Mundial.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO