"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Parte da paleontoloxía que estuda os mamíferos fósiles. É moi importante na análise estratigráfica dos terreos terciarios e cuaternarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleomelanésida ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza paleomelanésida.

    3. Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son dolicocéfalos, de pequeno tamaño, cabelos crechos, cara maciza, arcos superciliares prominentes e nariz longo e convexo, que ocupa basicamente Nova Guinea e as illas veciñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleomongólica ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza paleomongólica.

    3. Raza do grupo xantodermo cuxos representantes son braquicéfalos, de pequeno tamaño, pel dun amarelo escuro, cara ampla e arredondada, nariz amplo, unllas oblicuas e con pregaduras palpebrais ou non, que ocupa basicamente o SL de Asia e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleonegroide ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza paleonegroide.

    3. Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son mesocéfalos, de tamaño un pouco inferior á media, pel escura, cara ampla e baixa, corpo repoludo, nariz amplo e chato, e boca grosa con labios sobresaíntes, que ocupa basicamente as áreas de pluvisilva de África e toda a conca do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleonemertinos.

    2. Nemertino da orde dos paleonemertinos.

    3. Orde de nemertinos, da clase dos anoplas, que presentan dous estratos de músculos parietais, en que ás veces pode haber outro circular interno. Algunhas especies habitan no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleonisciformes.

    2. Peixe da orde dos paleonisciformes.

    3. Orde de peixes fósiles, da clase dos osteíctios, que alcanzaban uns 30 cm e tiñan a parte anterior do cranio arredondado, os ollos grandes e a boca ampla e provista de numerosos dentes moi fortes. Son peixes propios do Devónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a descrición dos fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleontografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda os fósiles, é dicir, os restos de animais e vexetais do pasado que permaneceron soterrados nas capas xeolóxicas. A paleontoloxía presenta dúas vertentes: a paleontoloxía estratigráfica, que estuda obxectivamente os fósiles e con eles determina a idade relativa das capas xeolóxicas, e a paleontoloxía biolóxica, ou paleobioloxía, que observa e determina os fósiles como restos duns seres que viviron nun pasado máis ou menos remoto. A paleontoloxía ten métodos propios e afástase tanto da xeoloxía como da bioloxía no senso estrito das dúas disciplinas. En efecto, ten que ver cuns restos que xa non teñen vida, que soamente dan, polo xeral, unha idea parcial do animal ou do vexetal conservados. É moi rara a conservación de fósiles completos, como é o caso dos mamuts e rinocerontes siberianos ou dos insectos encapsulados no ámbar do Báltico. O paleontólogo ten que reconstruír, co que atopa, a totalidade do animal ou do vexetal, mesmo as partes brandas, que polo xeral desaparecen...

    2. Disciplina que ten por finalidade a reconstrución de fenómenos culturais, étnicos ou sociais dos pobos antigos dos que non queda ningún testemuño histórico, mediante os datos que proporcionan as súas linguas, moitas veces coñecidas unicamente por topónimos e inscricións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo das doenzas que poden ser descubertas nos restos humanos ou animais dos tempos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo dos solos das épocas xeolóxicas pasadas que inclúen a determinación das súas idades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eratema ou era do Arqueano superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Paleoproterozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicoloxía que estuda o inconsciente colectivo, os seus mitos máis antigos e as súas pegadas no inconsciente individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo morfolóxico dunha área da superficie terrestre, subaérea ou submarina, que existiu nun momento determinado da historia xeolóxica, e que adoita atoparse fosilizado baixo os sedimentos dunha serie estratigráfica. Constitúen as superficies limitantes das discordancias angulares e das desconformidades e aplícase indistintamente a superficies suavemente formadas ou a verdadeiros vales e montañas enterrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da salinidade dunha masa de auga en relación aos sedimentos que se formaron nela nunha época da historia xeolóxica. Baséase en certos indicadores de natureza paleoecolóxica e xeoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.

    2. Individuo da raza paleosiberiana.

    3. Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.

    4. Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solo antigo, que se desenvolveu durante un momento calquera da historia xeolóxica e que se conservou ata hoxe, ben como solo relito ou non enterrado, ou ben como solo fósil baixo sedimentos e series estratigráficas. Poden ser subaéreos ou subacuáticos. Os paleosolos estudados pola paleopedoloxía sinalan un momento histórico de instalación da vida, especialmente a vexetal, baixo condicións paleoclimáticas e paleoambientais, que poden ser deducidas do seu estudo.

    VER O DETALLE DO TERMO