"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superestadio do Cretáceo Superior que comprende o Coniaciano, o Campaniano e o Maastrichtiano.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, cinco crecentes de prata, surmontado cada un dunha estrela de ouro de seis raios, colocados en aspa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta en forma de L, con baixo e piso, e destaca o balcón corrido e con balaústres da fachada posterior. O conxunto complétase cun xardín que se rodeou cun muro de cachotaría. Foi restaurado na segunda metade do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Presenta planta irregular e cuberta a catro augas. Destaca a solaina da fachada posterior sostida sobre pilastras e a escaleira de pedra do acceso principal. Conserva un patio e unha capela anexada ao muro que rodea o conxunto, que conta cun portalón alintelado e rematado en pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s X) Relixiosa. Curmá de san Rosendo, tivo unha visión que lle comunicou a morte deste no momento en que se produciu. Chegou a ser abadesa do mosteiro de San Xoán de Vieira, en Portugal. A súa festividade celébrase o 22 de abril.
-
-
verbasco.
-
estraloque.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de catro aspas de ouro, unha en cada cantón do escudo. Outro trae, en campo de goles, un castelo de prata deitado de dúas pólas de seoanes de sinople, onde está resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man dereita e superado todo dunha flor de lis de azul no medio do xefe e unha estrela de ouro de oito raios en cada cantón, as tres figuras colocadas en faixa; bordo de prata, cargado dun guerreiro de prata no centro do xefe e de sete cabezas de lobo de sable, colocadas unha en cada cantón do xefe, unha en cada flanco e tres en punta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Desde moi novo dedicouse ao teatro, onde acadou un gran prestixio. Encargouse dos principais papeis na Compañía do Teatro Español. O seu debut cinematográfico produciuse en La doncella de la duquesa (1941), de G. Delgrás, e destacou en Mariona Rebull (1946). Ao longo da súa carreira simultaneou os traballos en teatro co cine e interveu tamén nalgúns dramas televisivos dos primeiros anos. Casado coa tamén actriz Rosita Yarza, retirouse dos escenarios a comezos da década de 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. De orixe románica, ten planta de nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra con arco de medio punto sobre columnas con capiteis decorados. Destaca o tímpano da portada, que está escasamente decorado e, no interior, as tallas barrocas de san Pedro e san Pablo, as pinturas, as inscripcións e dúas aras, unha romana e unha medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador, ilustrador e escritor. Fillo de emigrantes, en 1916 a súa familia retornou a Galicia e estableceuse na Coruña e logo en Santiago de Compostela, onde iniciou a súa carreira pictórica mentres estudaba dereito e participaba nas actividades da Federación Universitaria Escolar (FUE), en defensa da democracia e da lingua galega. Foi secretario da Agrupación Nazonalista (1931) e militante da Unión Socialista Galega (1932). Fundou a revista Resol, con Arturo Cuadrado, e colaborou en Claridad, El Pueblo Gallego e outras publicacións da época. Tamén ilustrou diversos libros, como Poemas do sí e do non (1932) de A. Cunqueiro, ou Corazón ao vento (1933), de Aquilino Iglesia Alvariño. Intregrouse no Partido Galeguista e durante a campaña das eleccións de 1936 realizou diversos carteis (O Estatuto libertará a nosa terra), como o do Frente Popular, que formou parte do Partido Galeguista en favor do Estatuto de Autonomía. Nesta época...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO