"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Liaoning, en Manchuria, China (3.603.712 h [1990]). Situada á beira dereita do Hun He, afluente do Liao He, é un centro agrícola e de mineral de ferro e carbón, cunha importante industria pesada. Capital do imperio manchú (1625-1644), durante a Guerra Ruso-xaponesa tivo lugar a Batalla de Mukden (1905). En 1931, preto da cidade, tivo lugar a voadura da liña férrea surmanchuriana, provocada probablemente polos xaponeses, que empregaron o incidente como pretexto para a ocupación de Manchuria. En 1948 foi ocupada polos comunistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astronauta estadounidense. Formado na U. S. Navy e oficial do exército do aire, en 1959 foi seleccionado pola NASA, e en 1961 pilotou o primeiro voo suborbital (Mercury-Redstone III). En 1971 foi comandante do Apolo XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Director do teatro Drury Lane, da súa obra destaca The School for Scandal (1777) e The Critic (1779), unha sátira dos críticos e dramaturgos da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado polo partido liberal. Membro do Senado (1861), asumiu o cargo de secretario do Tesouro (1878-1879). Foi designado senador dos Estados Confederados de América e, cinco anos despois, converteuse en presidente do Senado e vicepresidente da Unión, ata 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, irmán de John Sherman. Distinguiuse na Guerra de Secesión e foi ascendido a xeneral. Entre outras accións, dirixiu a ocupación de Carolina do N (1865). Foi comandante en xefe do exército de Estados Unidos (1869-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago da Antártida, situado diante da Península Antártica, da que a separa o estreito de Bransfield (4.600 km). Dependencia británica, son reivindicadas por Arxentina e Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do Reino Unido situadas entre o mar do Norte e o Océano Atlántico, a uns 100 km ao NL das illas Orcadas (1.438 km2; 21.988 h [2001]). Constitúen un distrito unitario de Escocia. A capital é Lerwick (7.223 h [1981]). Está formada por un cento de illas, moitas delas deshabitadas, entre as que sobresae Mainland, a máis grande. De clima húmido e solo pobre, a súa principal riqueza é a gandaría ovina e a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital del sheng de Hebei, China, na rexión Norte (1.068.439 h [2000]). É un centro agrícola de trigo e algodón situado na planicie do Hutuō He.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano situado ao L de India, ao S do Brahmaputra. É un bloque de rochas cristalinas que estruturalmente forman parte do bloque de India peninsular (Deccan). Está habitado polos pobos garo e khasi, que practican a agricultura itinerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (6.629 km2; 761.503 h [2000]). A súa capital é Matsue (149.821 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Honshū, Xapón, que con 370 km é o río máis longo do país. Nace no centro da illa, no altiplano de Shinano, e desemboca en Niigata, no mar de Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede ferroviaria xaponesa de alta velocidade, que entrou en servizo en 1972 coa liña que unía as cidades de Osaka e Okayama (161 km), ampliada desde 1975. A velocidade media dos trens é duns 240 km/h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (50.781 km2; 2.092.000 h [estim 1994]). A súa capital é Shinyanga (100.724 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo montañoso do centro da illa de Honshū, Xapón, que acada a súa máxima altitude na cima Kitadake con 3.192 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña do Tibet, situada na fronteira con Nepal, ao N de Katmandú. O seu cumio acada os 8.013 m de altitude. Foi conquistada en 1965 por unha expedición de chineses e tibetanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Heilongjiang, China, situada á beira dos contrafortes setentrionais das montañas Wan-ta (386.081 h [1990]). Naceu ao redor das minas de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico hindú. Coñecido como M. Night Shyamalan, da súa filmografía destacan Wide Awake (1998), The Sixth Sense (1999) e Signs (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate antropomorfo do grupo dos catarrinos, incluído no grupo dos xibóns e caracterizado pola presenza dunha membrana interdixital ben desenvolvida entre as dedas segunda e terceira do pé. Habita en Sumatra e Malaisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor finlandés. Coñecido como Jean Sibelius, dirixiu a estrea das súas obras máis notables, das que destacan sete sinfonías (1898-1924), Finlandia (1899) e un Concerto para violín (1903). Autor de obras para piano e para cuarteto de corda (1909), de cancións, cantatas e obras corais, ademais de Kullervo (1891), sinfonía para solistas, coro e orquestra, e Myrsky (A Tempestade, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO