Shenyang ou Mukden
Shenyang ou Mukden
Capital do sheng de Liaoning, en Manchuria, China (3.603.712 h [1990]). Situada á beira dereita do Hun He, afluente do Liao He, é un centro agrícola e de mineral de ferro e carbón, cunha importante industria pesada. Capital do imperio manchú (1625-1644), durante a Guerra Ruso-xaponesa tivo lugar a Batalla de Mukden (1905). En 1931, preto da cidade, tivo lugar a voadura da liña férrea surmanchuriana, provocada probablemente polos xaponeses, que empregaron o incidente como pretexto para a ocupación de Manchuria. En 1948 foi ocupada polos comunistas.