"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. A súa ideoloxía galeguista levouno ao compromiso co agro galego. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia, e con diversos periódicos e revistas. Publicou numerosos artigos e os libros Enfermedades y plagas de las plantas cultivadas (1952) e La rentabilidad de la tierra en la provincia de Pontevedra (1962). Recibiu a Orden Civil al Mérito Agrícola e o Premio Nacional de Prensa Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de América Central, que se estende desde o istmo de Tehuantepec, en México, ata a Barranca de Atrato, en Colombia. Cunha orientación NO-SL, atravesa Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. A súa máxima altitude é o volcán de Tajumulco, en Guatemala (4.200 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do extremo N de Colombia que se estende desde a costa do mar Caribe ata a serra de Perijá (Andes Orientais). Formada por rochas cristalinas paleozoicas (granitos, gneis e xistos), a máxima altitude está no pico de Cristóbal Colón (5.780 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda etapa e idade do Devónico Inferior, situado antes do Emsiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Siexeniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado, foi membro do Club dos Xacobinos, pero en 1791 evolucionou cara a posicións máis moderadas. En 1799 formou parte do consello executivo do Directorio, buscou a creación dun goberno forte e foi un dos autores do golpe de estado do 18 de brumario. Foi un dos tres cónsules provisionais e colaborou na redacción da Constitución do ano VIII, pero non tardou en ser afastado dos postos de decisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escolástico. En oposición a Tomé de Aquino defendeu teses aristotélico-averroístas e neoplatónicas, como a da eternidade do mundo, a da causación inmediata por Deus, só dunha primeira intelixencia, ou a da existencia dun único intelecto axente para todos os homes. Contribuíu ao divorcio moderno entre a razón e a fe. As súas teses foron condenadas polo bispo de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que significa.

    2. Conxunto de elementos fonolóxicos que, segundo a terminoloxía estruturalista, configuran a imaxe acústica dun signo lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e escritor. Doutor en Filosofía (1951), especializouse en psicoloxía social, foi pioneiro no estudo da emigración e dedicouse principalmente á psicolingüística, ao estudo da linguaxe infantil e dos problemas relacionados co bilingüismo. Dirixiu (1969) o I Instituto de Ciencias de la Educación e foi o director científico do proxecto LINGUAPAX da UNESCO. Membro da Academia Europea, é doutor hororis causa polas Universidades de Ginebra e do País Vasco. Das súas obras destacan Del campo al suburbio. Un estudo sobre la inmigración interior en España (1959), Educación y bilingüismo (1986), España plurilingüe (1992), L’Europe de les llengües (1995) e Bilingüismo y lenguas en contacto (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norodom Sihanuk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor teatral grego. Iniciouse na poesía con obras inspiradas no simbolismo francés. No deserto de Libia compuxo o seu primeiro poema lírico (1907), que foi seguido por Cantos de guerra (1912) e por Versos (1915). Na súa madurez acadou unha conciencia profunda que revelou, cunha gran densidade lírica, a continuidade espiritual do helenismo, con influencias de Píndaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado no Barco de Valdeorras a partir de outubro de 1996. Editado pola empresa de comunicación Garherve, apareceu orixinalmente como unha publicación de carácter deportivo que editou a asociación cultural Ainúr entre xaneiro e marzo de 1995. Tras o seu fracaso, Garherve fíxose cargo da cabeceira e engadiu á información deportiva outras noticias de carácter local, comarcal e autonómico, ademais de ampliar as seccións de cultura, política e natureza. Cunha periodicidade mensual, o xornal distribuíuse desde a provincia de Ourense a diversos países do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área de interese natural, incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (2001) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (2004) na proposta da Rede Natura 2000, situada nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, cunha superficie de 5.914 ha. A orografía do espazo está caracterizada por canóns formados polos ríos Sil e Cabe ao longo de 15 km con desniveis que van desde os 300 aos 500 m. Goza dun clima mediterráneo con diferenzas entre as abas de solaina e avesío. Nas transformacións sufridas por parte do home destacan o cultivo da vide mediante bancais e a construción de grandes encoros. A súa vexetación predominante é de tipo mediterránea e a maior parte da súa superficie está cuberta por mato. Nas chairas atópanse bosques de cerquiño e cara ao L de carballos, ambos os dous con xestas e uces. Nas paredes do canón existen bosques de sobreiras, aciñeiras e érbedos, e xunto ao río bosques de amieiros, salgueiros e mimosas. A súa vexetación tupida e o feito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Muras. Ten planta rectangular e dous corpos con cuberta de lousa a catro augas. Construíuse en cantaría e cachotaría de granito. A parte máis antiga é a torre vella de finais do s XIII ou comezos do s XIV, á que se lle engadiu no s XV o corpo occidental amodo de vivenda. Na planta baixa ábrese unha porta de arco de medio punto. O antigo escudo que se atopaba na torre coas armas dos Castro e Andrade situouse noutro edificio. No corpo alto da vivenda destaca unha ventá con arco conopial. Foi declarada BIC (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. silencioso.

    2. Que fala pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hidruro de silicio, o máis simple, que se emprega en electrónica na dopaxe de semicondutores.

    2. Hidruro de silicio, de fórmula xeral Si n H 2n+2 , e dos seus derivados por substitución de hidróxeno, análogo aos hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos compostos que conteñen o grupo Si-OH nas súas moléculas. Dada a grande estabilidade do enlace Si-O (105 kcal/mol), experimentan con gran facilidade unha deshidratación intermolecular para formar siloxanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Xunto con P. A. Favre realizou as primeiras determinacións das calores de combustión das substancias orgánicas. Constatou a posibilidade de aplicar a galvanoplastia na reprodución de medallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO