Silán, torre de
Silán, torre de
Construción situada en Muras. Ten planta rectangular e dous corpos con cuberta de lousa a catro augas. Construíuse en cantaría e cachotaría de granito. A parte máis antiga é a torre vella de finais do s XIII ou comezos do s XIV, á que se lle engadiu no s XV o corpo occidental amodo de vivenda. Na planta baixa ábrese unha porta de arco de medio punto. O antigo escudo que se atopaba na torre coas armas dos Castro e Andrade situouse noutro edificio. No corpo alto da vivenda destaca unha ventá con arco conopial. Foi declarada BIC (1994).