silábico -ca
silábico -ca
(< lat syllabicu)
-
adx
Relativo ou pertencente á sílaba.
-
canto silábico
[MÚS]
Canto en que cada nota corresponde a unha sílaba.
-
escritura silábica
[LING]
Sistema de escritura fonética en que cada signo representa unha sílaba ou un conxunto de fonemas, en oposición á escritura alfabética, que representa cada un dos fonemas, e á escritura ideográfica, que representa directamente as ideas das cousas, non os fonemas.
-
fonema silábico
[LING]
Fonema que pode ser núcleo silábico. Oponse a fonema asilábico.
-
marxe silábica
[LING]
Fonemas consonánticos e vocálicos átonos que se poden situar antes ou despois do núcleo silábico e poden funcionar como marxe inicial ou final dunha sílaba.
-
núcleo/centro silábico
[LING]
Punto de máxima sonoridade na sílaba, ocupado por unha vogal ou unha soante.