"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no centro-S da provincia de Lugo e ao L de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Lugo (O Corgo) e Os Ancares (Baralla), ao S coa comarca de Terra de Lemos (O Saviñao, Bóveda e A Pobra do Brollón), ao L novamente coa comarca dos Ancares (Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e Quiroga (Folgoso do Courel) e ao O coa comarca de Lugo (Portomarín e Guntín). Abrangue unha superficie de 842,2 km2en que acolle a unha poboación de 25.882 h (2001), distribuídos entre os concellos do Incio (146,2 km2; 2.427 h), Láncara (121,7 km2; 3.186 h), Paradela (121,1 km2; 2.545h), O Páramo (74,8 km2; 1.907 h), Samos (136,6 km2; 2.057 h), Sarria (184,6 km2; 12.887 h) e Triacastela (51,2 km2; 873 h). A cabeceira comarcal é a vila de Sarria, ademais de ser partido xudicial.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A comarca de Sarria sitúase nunha cubeta tectónica terciaria formada por materiais... -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira porcelana de Europa de pasta dura. Comezouse a fabricar a principios do s XVIII en Meissen, grazas ao descubrimento, por parte de B. Böttger, dun produto básico, o caolín, ata o momento coñecido só en China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
snorkel.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Membro da Académie des Sciences, adaptou a caldeira tubular á locomotora de vapor (1827), que patentou en 1828, e que foi o sistema empregado por Stephenson na locomotora “The Rocket”. Construíu a primeira liña ferroviaria francesa, a Lyon-Saint Étienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dun semicírculo.
-
-
Cada unha das dúas partes iguais en que queda dividido un círculo por un diámetro.
-
transportador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arco da circunferencia que ten por corda o diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura de nota musical ou de pausa. O seu valor equivale a media corchea ou á decimosexta parte da redonda considerada como a unidade de duración.
-
PERSOEIRO
Escritor. Traballou como xornalista en El Sol ata 1929. Exiliado (1938-1974), a súa obra analiza a realidade desde un punto de vista revolucionario. Das súas obras destacan Imán (1930), Madrid-Moscú (1934), Cartas de Moscú sobre el amor (1934), Mister Witt en el cantón (Premio Nacional de Literatura,1935), Crónica del alba (1942, Premio de Novela Ciutat de Barcelona 1967), Los cinco libros de Ariadna (1957), Réquiem por un campesino español (1960, publicada en 1953 co título de Mosén Millán), El bandido adolescente (1965), En la vida de Ignacio Morel (Premio Planeta 1969) e Adela y yo (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Membro do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE), foi conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Generalitat (1977-1979) e alcalde de Barcelona (1979-1982). Deputado no Congreso (1986-2004), foi ministro de Defensa (1982-1991) e vicepresidente do goberno (1991-1995). En 2005 converteuse en presidente de Caixa Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ciclista. Debutou como profesional en 1993 no equipo Kelme, para logo correr no G. D. ONCE e no Liberty Seguros. Gañou a clásica dos Puertos (1998), a Volta a Galicia (1999), a Vuelta a Castilla-León (2001), a Milán-Turín (2004), e a 18º etapa do Tour de Francia 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga moeda romana que valía un cuarto de denario, que primeiro equivalía a dous ases e medio e despois a catro.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi subdirector de El Pueblo Gallego, onde en moitas ocasións asinaba os seus artigos como Vicus, director da revista Grial e do Anuario de Vigo, redactor xefe da Hoja del Lunes e colaborador de Vida Gallega. Escribiu os libros de poemas O muíño albeiro (1935), O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (1963). Como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979) e a novela Doutor Famiano (1988). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Octubre (1943), o Gran Premio de Vigo de Cinematografía (1960) e o Premio Ciudad de Vigo (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e pensador, esposo de Mary Shelley. As súas primeiras obras (Zastrozzi, 1810) evidencian a influencia da novela gótica, aínda que axiña sobresaíu en poesía. Destacan Original Poetry by Victor and Cazire (1810), Queen Mab (1813), Alastor (1816) e The Revolt of Islam (1817), onde expuxo a súa concepción do amor e da sociedade. Tras instalarse en Italia escribiu a obra teatral The Cenci (1819), Prometheus Unbound (1821) e Adonais (1821), elexía á morte de Keats, con influencia de Platón, Dante e Calderón de la Barca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e xornalista. Instalado en Vigo, compaxinou o seu labor como xornalista en La Concordia cos seus traballos como actor, a dirección da peza satírica La Ráfaga e a colaboración co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos diarios Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930). Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Códax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Gijón, e do diario Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO