"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Unidade do Carbonífero que, con categoría de subsistema, é equivalente ao Pennsylvaniano ou ao Carbonífero Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Silesia.

    1. Relativo ou pertencente ao Silesiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (4.631 km2; 234.700 h [estim 2004]). A súa capital é Siliana (12.433 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Da súa obra destacan, ademais de contos e libros de memorias, Elämä ja aurinko (Sol da vida, 1916), Hurska kurjuus (Santa miseria, 1919), Nuorema nukknut (Mozos apagados, 1931) e Miehen tie (A vida do home, 1932). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Estudou as correntes voltaicas e os meteoritos. Publicou, a partir de 1818, o American Journal of Science and Arts, e escribiu Elements of Chemistry (1830-1831). O seu fillo Benjamin (New Haven 4.12.1816-4.1.1885) estudou a composición do petróleo e publicou First Principles of Chemistry (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio, de fórmula Al2SiO5, que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos. Cristaliza no sistema rómbico e normalmente aparece en masas prismáticas ou fibrosas. É branca ou ocasionalmente verdosa, ten un brillo vítreo e, ás veces, sedoso nas súas variedades fibrosas, unha dureza de 7 e unha densidade de 3,24.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de fórmula xeral H3Si-(-OSiH2)n-OSiH3 que se forma por condensación de moléculas de silanois. O termo máis simple de toda a serie é o disiloxano (H3Si-O-SiH3).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piloto de aviación, xornalista e escritor. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE e TVE, e publicou Bomba a bordo (1982), Matar al presidente (1983), El Hereje (1993), Aeroguía del litoral de Galicia (1996) e Marusía (1997). Recibiu o premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981), ademais da Medalla al Mérito Civil e a Medalla al Mérito Aeronáutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político portugués. Membro do Partido Social Democrata (PSD), foi ministro de Finanzas (1980-1981) e primeiro ministro de Portugal (1985-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Inspirado nas farsas de Gil Vicente, cultivou un teatro satírico popular. Escribiu Vida do Grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança (1733) e As Guerras do Alecrim e da Mangerona (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Continuou obras xa famosas, como a Segunda Celestina (1534) e a longa serie derivada do Amadís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Pol. Documéntase no s XII como protexido da diocese de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teluriuro de ouro e prata, de fórmula (Au,Ag)Te4, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais pequenos e tabulares. É de cor entre gris e branca e ten brillo metálico, unha dureza de 1,5 a 2 e unha densidade de 8 a 8,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade romana, semellante a Fauno, protectora dos bosques e dos rabaños, que gozou dun culto doméstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo de Berry (Francia). Identificouse co publicano Zaqueo, que asistiu á entrada de Xesús en Xerusalén desde o alto dunha palmeira. Segundo a tradición francesa, san Pedro enviouno a predicar á Galia. Represéntase como un home de aspecto grave, con cabeleira longa e barba espesa, cun can aos pés e cunha coroa de piñeiro na testa (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino do deus mitolóxico Silvanus ‘do bosque, selvático’. Era unha divindade romana de orixe escura, ao parecer protectora das selvas, bosques e terreos sen cultivar, e a quen se consagraban os límites de separación entre os campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Preside o grupo empresarial Nosa Terra XXI, dedicado a actividades marítimas e sanitarias, e composto polas empresas Remolcanosa, Elcano, POVISA e o hospital compostelán Nosa Señora da Esperanza. Recibiu a Medalla al Mérito Sanitario (1998), a Medalla de Prata de Galicia (2002), a Medalla al Mérito Policial (2002) e a máxima distinción do Club Financeiro de Vigo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Manuel Silvela (París 1830-Madrid 1892), ministro de Estado con J. Prim (1869) e con A. Cánovas (1877). Militou no Partido Conservador e foi ministro de Gobernación (1879, 1890-1891) e de Graza e Xustiza (1885). Coa morte de Cánovas pasou a ser xefe do partido e formou o goberno de rexeneración nacional (1899) tras a derrota militar de 1898. Na lexislatura 1893-1896 foi deputado polo distrito da Cañiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (536-537), fillo do Papa Hormisdas. Sucedeu a Agapito I (536) por imposición do rei ostrogodo Teodato, feito que o opuxo a Vixilio, protexido da Emperatriz Teodora. A súa negativa a desautorizar o Concilio de Calcedonia valeulle a detención e o exilio (537). Ao regresar a Roma foi condenado por Vixilio, o seu sucesor. Foi confinado por Belisario nas illas Pontinas. A súa festividade celébrase o 20 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO