Silva Irago, Francisco Xavier da
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo