"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escultor neoclasicista. Discípulo de Salvador Gurri, formouse na Escola de la Llotja de Barcelona. Foi director dos pensionados en Roma (1832) e presidente da Academia Romana de San Lucas (1837-1840). Interesouse pola escultura grecorromana e polo estudo do natural. Das súas obras destacan Telémaco (1806), Meleagro (1818), Venus y Cupido (1820) -para o palacio de Boadilla del Monte-, a escultura conmemorativa de Miguel de Cervantes ou os sepulcros dos duques de San Fernando (1835), inspirado en modelos paleocristiáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, bañado polo Guadajira, afluente do Guadiana (2.792 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, neto de Salvador de Madariaga. Catedrático de Física na Universidad Complutense de Madrid, foi militante do PSOE desde 1964, e deputado entre 1977 e 1996. Foi ministro de Cultura (1982-1988), de Educación e Ciencia (1988-1992), de Asuntos Exteriores (1992-1995) e voceiro do Goberno (1985-1988) en España. Secretario xeral da OTAN (1995-1999), desde 1999 foi nomeado secretario xeral da Unión Europea Occidental (UEO), do Consello de Ministros da Unión Europea e alto representante da Unión Europea no ámbito da Política Exterior e de Seguridade Común (PESC), cargo para o que foi reelixido en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (15.047 h [2001]). Ten cultivos de oliveiras, vides e trigo, e industrias vinícolas e de azafrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás solanáceas.
-
Planta da familia das solanáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas ricas en alcaloides, da orde das solanais, con follas simples e alternas, flores actinomorfas, pentámeras, hermafroditas, co cáliz persistente e o xineceo súpero e bicarpelado e froitos en baga ou en cápsula con moitas sementes. Comprende unhas 3.000 especies, propias das zonas cálidas e temperadas, das que destacan a pataca, o pementeiro ou o tabaco.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás solanais.
-
Planta da orde das solanais.
-
Orde de plantas, da clase das dicotiledóneas, á que pertencen as familias das convolvuláceas, cuscutáceas, solanáceas e meniantáceas.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Da súa filmografía destacan Los hijos del fierro (1973-1977) e La mirada de los otros (1980), exemplos do cine de liberación. Tamén salientan Tangos, el exilio de Gardel (1985) e Memoria del saqueo (2004). Recibiu o premio ao mellor director no Festival de Cine Independente de Cannes por Sur (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos gabeadores, da familia das solanáceas, con follas alternas e enteiras e flores terminais, solitarias de cor amarela ou branca. A este xénero pertence a especie S. maxima, que é orixinaria de México e en Galicia atópase como planta ornamental en parques e xardíns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide con estrutura de esteroide e de glicósido que se atopa nas patacas e noutras solanáceas.
-
PERSOEIRO
Escultora. Inicialmente utilizou o latón, a madeira ou a lona nas súas obras e aproximouse ao minimal art. Posteriormente empregou pranchas de metal soldadas en obras onde contrasta o tratamento sobrio e rudo dos materiais e o hermetismo das formas co carácter poético do conxunto. Destacan Escenografía del sexo (1986), Moldura al paisaje (1995), Encima de una alfombra (2000) ou Elmina (2001). Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, traballou para o Grupo Loewe (1963-1975) e para Liferpharma Laboratorio de España SA. Subdirector xeral de Plus Ultra Seguros, foi director de CABSA Red Supermercados INI, presidente executivo de CABSAFRICA, do matadoiro industrial Gypisa e de Conservas vegetales y cárnicas, CARCESA. Así mesmo, foi director xeral de ENDIASA e de Aguas de Mondariz, presidente do Balneario de Mondariz e presidente de Thomil, SA, vicepresidente do Instituto de Empresa e do Círculo del Progreso e administrador de Chocolates Eureka. Membro do Padroado Fundación Instituto de Empresa e presidente da Fundación Balneario de Mondariz, contribuíu de xeito relevante ao fomento e á promoción do turismo en Galicia. Recibiu a Medalla de prata de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas, da familia das solanáceas, coas follas alternas, corola branca ou violácea e froito en baga. Comprende unhas 1.500 especies, distribuídas en zonas temperadas e tropicais, das que destaca polo seu interese económico a pataca (S. tuberosum).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillermo Sánchez Borbón.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. Construíuse no s XVI e ten unha soa nave cuberta con falsa bóveda de canón desde 1924, despois de que en 1915 un incendio destruíra a cuberta de madeira. O retablo maior é barroco e destaca a imaxe do Santo Cristo (s XVII) da sancristía. No seu contorno hai tres cruceiros, dos que destaca o que está en fronte da igrexa e que data do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 5 a 12 cm de altura, de raíz fibrosa, follas radicais, orbiculares ou reniformes, lixeiramente festonadas, pecioladas e de cor verde escura, flores azuis ou violáceas, coa corola laciniada e con forma de campá, colgantes en umbelas paucifloras e froito en cápsulas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen solicita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación mariñeira que substituíu a comezos de 1930 á sociedade Alianza Marinera, disolta pola Ditadura de Primo de Rivera. En 1931 integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera. Promoveu durante trece meses o amarre da frota sardiñeira con base en Moaña. Desapareceu coa Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro movemento unitario catalán creado en 1906. Formaron parte dela os carlistas, a Lliga Regionalista, o Centre Nacionalista Republicà, a Unió Catalanista, os republicanos federais e unha parte de Unió Republicana. Acadaron un grande éxito nas eleccións xerais de 1907, pero as diferenzas entre os seus integrantes provocaron unha crise e, despois da derrota electoral nas eleccións de Barcelona de 1908, desfíxose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia corrosiva e velenosa que contén mercurio.
-
PERSOEIRO
Sultán otomán (1403-1411), fillo de Baiacetot I. Participou na Batalla de Ankara (1403), en que se fixo prisioneiro a seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO