solanáceo -a

solanáceo -a

(< lat científico Solanum)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás solanáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das solanáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas ou leñosas ricas en alcaloides, da orde das solanais, con follas simples e alternas, flores actinomorfas, pentámeras, hermafroditas, co cáliz persistente e o xineceo súpero e bicarpelado e froitos en baga ou en cápsula con moitas sementes. Comprende unhas 3.000 especies, propias das zonas cálidas e temperadas, das que destacan a pataca, o pementeiro ou o tabaco.