"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Hormona que está contida no lobo anterior da hipófise e que controla o funcionamento da glándula tiroide e activa o seu metabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Presidente de Perú desde 2001, foi líder do Partido Político Perú Posible e do movemento de resistencia pacífica contra o seu antecesor, Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. É autor de El castillo de la carta cifrada (1979), El cazador de leones (1987), El mayordomo miope (1989) e El Gallitigre (1990), de estilo próximo a Kafka e ao teatro do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comediógrafo e guionista, irmán de Ramón Torrado Estrada. Foi xornalista de La Voz de Galicia na década de 1920. En 1929 instalouse en Madrid e estreou Crack, a súa primeira obra de teatro. Tras a Guerra Civil iniciou a súa actividade cinematográfica da man de Cesáreo González, produtor de Suevia Films. Desde ese intre, alternou a súa actividade como guionista de filmes, moitos deles dirixidos polo seu irmán, coa creación de exitosas obras de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista e realizador cinematográfico, irmán de Adolfo Torrado Estrada. Dedicouse inicialmente á pintura que evolucionou da pintura tradicional cara ao cartelismo. Finalizada a Guerra Civil e instalado en Madrid, iniciou a súa relación co cine ao colaborar na adaptación cinematográfica de Manolenka, unha obra teatral do seu irmán e Leandro Navarro. En 1940 participou na versión cinematográfica doutra obra do seu irmán, El famoso Carballeira (1940), primeiro filme en que Cesáreo González actuou como produtor. A finais dese ano fundou a produtora Suevia Films-Cesáreo González, onde Ramón debutou como director na curtametraxe Tres maletas y un lío (1942), e nese mesmo ano rodou Campeones, unha longametraxe de tema futbolístico que obtivo un grande éxito xa que contou con destacados deportistas da época. Na segunda metade da década de 1940 a produtora levou a cabo unha serie de filmes cunha idea idílica de Galicia, pensada sobre todo para os galegos emigrados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha (1.506 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario, principalmente na elaboración de viños e na destilación de alcol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, pai de Gonzalo Torrente Malvido. Autor dalgunhas das obras máis representativas da literatura española do s XX, deuse a coñecer nas décadas de 1940 e 1950. A súa narrativa está marcada inicialmente pola súa orixe rural e, co tempo, polas lecturas de lord Byron, R. Darío, H. Heine, V. Hugo, Mussett, Ortega y Gasset e Shelley, entre outros. Durante a súa etapa universitaria, en Oviedo, colaborou no periódico El Carbayón e, posteriormente, en Madrid, no anarquista La Tierra. Durante a súa estadía na capital asistiu ao parladoiro de Valle-Inclán e coñeceu a diferentes intelectuais, como Rafael Dieste e Carlos Maside. Licenciouse en Filosofía e Letras en 1935 e en 1936 accedeu a unha praza de profesor de historia da idade antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente obtivo unha bolsa para viaxar a París e durante a súa estadía alí estalou a Guerra Civil en España e decidiu regresar a Galicia. Afiliado a Falange Española, formou parte do “bloque...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario, en galego e castelán, instituído pola Deputación Provincial da Coruña en 1989 para homenaxear o escritor ferrolán. Algúns dos gañadores foron Pedro Crespo con La muerte en la boca (1989), Víctor Freixanes con A cidade dos Césares (1992), Manuel Rivas con Que me queres, amor? (1995), Luisa Castro con Una patada en el culo (2004) e Andrés Barba con Versiones de Teresa (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e revolucionario. Ordenado sacerdote (1954), estudou socioloxía en Lovaina e foi profesor da Universidad de Bogotá. Intentando crear o Frente Unido del Pueblo Colombiano viuse obrigado a pedir a redución ao estado laical (1965). Fracasado o Frente, incorporouse ao movemento guerrilleiro do Ejército de Liberación Nacional (1966) e morreu en combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar situado entre Australia, na península de York, e a illa de Nova Guinea, que comunica o mar do Coral co de Arafura. Leva o nome do seu descubridor, Luís Vaes de Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de gaitas creada en Barcelona en 1977. Constituíuse por iniciativa dunha serie de emigrantes galegos, entre eles, Xosé Lois Foxo, co obxectivo de fomentar a cultura galega nas súas diversas manifestacións. Desenvolven distintas actividades académicas, das que destacan as clases de gaita, baile tradicional, lingua galega, canto tradicional e percusión. Tamén organiza desde 1981 o Festival de Música Galega. Participou, coas súas diferentes seccións, en distintos programas de televisión e colaborou con artistas e grupos como Hevia, Carlos Núñez ou The Chieftains. A súa banda de gaitas gravou dous discos e concursou no 1° grao da Liga Nacional de Bandas de Gaitas, onde acadou o Primeiro Premio (1992) e o Terceiro Premio (1998). Recibiu o Segundo Premio no Festival Folk de Vigo (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o escultor que realizou na portada de Praterías da catedral de Santiago de Compostela varias figuras do tímpano dereito (traizón de Xudas), do friso (tres apóstolos, a amoestación a Adán e Eva e anxos trompeteiros) e a Maxestade do contraforte oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química de conversión dun éster dun ácido orgánico noutro éster do mesmo ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riós baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Instalado desde 1955 en Vigo, fundou diversas empresas dedicadas á fabricación de pezas metálicas e cableados eléctricos para o automóbil, de pezas plásticas técnicas e en 1973 Produtos Koala SA, dedicada á comercialización de produtos de consumo doméstico. En 1997 creou unha fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Recibiu en 1997 a Medalla de Bronce de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se enfeita ou se viste coa indumentaria considerada propia do sexo oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estir(se) dun xeito considerado propio do sexo oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adopción de vestidos e hábitos sociais considerados propios do sexo oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Bohemia arredor de 1380, foi autor das táboas conservadas na igrexa dos agostiños de Trebon, que destacan pola modelaxe das formas e a vivacidade da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Controversia iniciada pola política conciliatoria do Emperador Xustiniano I cara aos monofisitas. Os Tres Capítulos eran escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa que Xustiniano condenou como nestorianos. En Occidente, a decisión imperial foi tomada como un ataque ao Concilio de Calcedonia, e o Papa Vixilio rexeitou aceptala. Convocado á Corte, tivo que asinar baixo presión o Iudicatum (548) ou condena dos Tres Capítulos, aínda que despois retractouse. Coa convocatoria do Concilio II de Constantinopla (553), na que o emperador condenou os Tres Capítulos, Vixilio tivo que recoñecer finalmente a condena, ao ser sometido a prisión e torturas en Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO