Torrente Ballester, Premio de Narrativa

Torrente Ballester, Premio de Narrativa
[LIT]

Premio literario, en galego e castelán, instituído pola Deputación Provincial da Coruña en 1989 para homenaxear o escritor ferrolán. Algúns dos gañadores foron Pedro Crespo con La muerte en la boca (1989), Víctor Freixanes con A cidade dos Césares (1992), Manuel Rivas con Que me queres, amor? (1995), Luisa Castro con Una patada en el culo (2004) e Andrés Barba con Versiones de Teresa (2005).

Palabras veciñas

Torrent | torrente | Torrente Ballester, Gonzalo | Torrente Ballester, Premio de Narrativa | Torrente Malvido, Gonzalo | Torrentes, alto de | Torrenueva