"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • o Magnífico (Istambul 1494 - Szigetvár 1566) Sultán otomán (1520-1566), fillo de Selim I. Coñecido entre os turcos como Kanuni (Lexislador) conquistou Belgrado (1521) e a illa de Rodas (1522). En 1526 derrotou a Luís II de Hungría na primeira Batalla de Mohács e saqueou Buda. Convencido de ser o único emperador da terra, tivo como principal inimigo ao Emperador Carlos V, con quen se enfrontou en varias ocasións. Despois de asinar a paz con Austria (1533), anexionou Tabriz e Bagdad en 1534, mentres que no Mediterráneo operaban eficazmente os seus corsarios Barbarrubia e Dragut. Ao finalizar o seu mandato, asinou unha tregua con Persia (1555) e a paz con Austria (1562). Amante das artes, mandou edificar numerosas mesquitas e dotou ao imperio dun código lexislativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa de Córdoba (1009-1010 e 1013-1016). De nome Sulaymān ibn al- Ḥ akam al-Musta’ĩn, co apoio dos bérberes enfrontouse a Mu ḥ ammad II de Córdoba, que o derrotou en Aqabat al-Baqar (1010). Foi asasinado polos bérberes hammuditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1687-1691), irmán e sucesor de Mehmet IV. Acadou o poder coa colaboración de Mustafá Köprülü, visir desde 1689. Foi derrotado en Hungría, Dalmacia (1688) e Niš (1689).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Santiago de Compostela e provisor e vigairo da arquidiocese; desde 1907 foi bispo de Mondoñedo. Foi senador pola provincia eclesiástica de Santiago (1914-1915, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e historiador. Secretario do conde de Orpesa e cronista de Indias, ordenouse sacerdote en 1667. No teatro, foi seguidor de Calderón. Escribiu Historia de la conquista de Méjico (1685).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde e duque de Montellano. Foi adiantado de Yucatán, cargo vinculado á súa familia, e posteriormente vicerrei de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Díaz de Solís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Predicou diversas misións en Galicia e fundou o convento da Orde de Santo Domingo en Padrón. Foi teólogo consultor no Concilio Vaticano I e escribiu diferentes haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vinculado ao Partido do Traballo de Galicia (PTG), estivo presente na xuntanza o 10 de xaneiro de 1979 en Santiago no Pazo de Raxoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (4.471 h [2001]). Destacan os cultivos de regadío de arroz, cítricos, hortalizas e froiteiras, ademais da industria do moble, da conserva e química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bolandista valón. Xesuíta en 1687, desde 1702 dedicouse á redacción dos Acta Sanctorum, obra da que chegou a ser editor en 1723. Da súa produción destacan os Acta beati Raymundi Lullii (1707) e o Martyrologium Usuardi monachi (1715-1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou a compilación Donskie rasskazy (Contos do Don, Premio Stalin 1926), Tikhij Don (O Don de plácidas augas, Premio Stalin 1941), unha das súas obras fundamentais; e Podn’ataja Celina (Terras cultivadas, 1932, Premio Lenin 1960). Foi membro do Sóviet Supremo desde 1946. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dedicouse á docencia e escribiu diversos dramas teatrais, como Las manos de Dios (1956) e Los falsos demonios (1966) e estudos de crítica literaria, como Novelas de Unamuno (1948), Teatro latinoamericano del siglo XX (1961) e El teatro hispanoamericano contemporáneo. Antología (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Fiz de Lovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que se emprega para solubilizar especies insolubles nun medio determinado. OBS: Tamén se denomina axente solubilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies cultural de mediados do Paleolítico Superior europeo que tomou o nome do xacemento francés de Solutré (Saône-et-Loire) descuberto en 1866. Sucedeu ao Gravetense, e a súa industria lítica foi unha das mellor definidas tipoloxicamente do Paleolítico, a causa da aparición do retoque plano e paralelo feito con técnica de presión. Cronoloxicamente ocupou o espazo comprendido entre os anos 20000-18000 a 15000 a C, e dividiuse en tres fases, caracterizada cada unha pola aparición de novos tipos de instrumentos: as puntas de cara plana, as follas de loureiro e as de salgueiro, e as puntas de amosega, respectivamente. Situouse fundamentalmente entre o Loira e os Pireneos, con algunhas ramificacións cara ao N, e na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Considerado un dos autores máis importantes do seu tempo, radicalizou o seu pensamento ata extremos de loucura antisoviética e de relixiosidade medieval, actitude que influíu sobre a calidade literaria das súas últimas obras, inferiores ás primeiras. Destacan Matrenin dvor (A casa de Matriona, 1963), Rakovyj korpus (Pavillón de cancerosos, 1969) Arkhip’elag Gulag (Arquipélago Gulag, 1973). En 1970 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico (1887-1960) de África Oriental. Acadou a independencia en 1960 e integrouse no estado de Somalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio que corresponde coa Costa Francesa dos Somalís, constituída en 1888, ata 1967, cando pasou a denominarse Territorio Francés dos Afares e dos Isses. En xuño de 1977 acadou a independencia, co nome de Xibutí.

    VER O DETALLE DO TERMO