Solutreano

Solutreano

(< topónimo Solutré)

s m [PREHIST]

Facies cultural de mediados do Paleolítico Superior europeo que tomou o nome do xacemento francés de Solutré (Saône-et-Loire) descuberto en 1866. Sucedeu ao Gravetense, e a súa industria lítica foi unha das mellor definidas tipoloxicamente do Paleolítico, a causa da aparición do retoque plano e paralelo feito con técnica de presión. Cronoloxicamente ocupou o espazo comprendido entre os anos 20000-18000 a 15000 a C, e dividiuse en tres fases, caracterizada cada unha pola aparición de novos tipos de instrumentos: as puntas de cara plana, as follas de loureiro e as de salgueiro, e as puntas de amosega, respectivamente. Situouse fundamentalmente entre o Loira e os Pireneos, con algunhas ramificacións cara ao N, e na Península Ibérica.

Palabras veciñas

solucionar | solutivo -va | soluto | Solutreano | solvatación | solvato | Solvay et Compagnie